Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ELEVARÁ AO PLENO O APOIO Á SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE BEN DE INTERESE CULTURAL EN DEFENSA DO PARQUE DE ROSALÍA E O SEU CONTORNO


30/10/2009 O xoves celebrarase un pleno extraordinario para tratar as taxas municipais

O Goberno Local elevará ao Pleno do próximo luns o apoio á solicitude formulada pola Asociación pola Defensa do Parque de Rosalía e o seu contorno na que se formula a declaración por parte da Xunta de Galicia de Ben de Interese Cultural (BIC) o Parque de Rosalía e o seu contorno.

Neste sentido, o Concello de Lugo considera que a mellor das opcións existentes se atopa na declaración BIC por parte da Xunta de Galicia da parcela o que evitaría a súa edificación, tal e como se ven reclamando, e eximiría ao Concello de ter que acometer indemnizacións.

Así mesmo, como xa fixo no seu momento o Concello conseguindo reducir un 28% a edificabilidade e aumentar un 48% as zonas verdes, o Equipo de Goberno comprometese a seguir traballando para acadar un acordo satisfactorio para preservar o Parque de Rosalía e o seu contorno.