Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello aos participantes no congreso internacional da SIGEF


# Venres, 30/10/2009
Son máis de 40 académicos e profesionais de tres continentes que traballan no campo da economía, as finanzas, a xestión e a organización

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde no Salón de Plenos do Concello aos participantes no XV Congreso internacional da SIGEF Crise económica e financeira: novas oportunidades e perspectivas, que se desenvolveu na na facultade de Empresariais do Campus lucense durante dúas xornadas.

Neste congreso participaron máis de 40 académicos e profesionais de tres continentes que traballan no campo da economía, as finanzas, a xestión e a organización. O obxectivo destas xornadas foi o de estimular o intercambio científico, a promoción da cooperación internacional entre a comunidade académica e as empresas, así como difundir os resultados das investigacións internacionais.

López Orozco deulles á benvida á cidade e manifestou que agarda que tivesen unha boa estancia na mesma e que puideran disfrutar dos encantos que ofrece Lugo: dos seus monumentos, da súa gastronomía e, sobretodo, das súas xentes.

López Orozco destacou a importancia do traballo que estiveron a desenvolver durante dous días na cidade. “É imprescindible o voso traballo para saír da crise, para afondar nas claves que permitirán superar a situación que se está a vivir a nivel mundial”, indicou.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova