Imprimir

O CONCELLO DE LUGO CONTINÚA COA PROMOCIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA CUNHA XORNADA SOBRE O EMPREGO E A COMPETITIVIDADE NA ESTRATEXIA DE LISBOA


1/11/2009 O encontro terá lugar o vindeiro venres 6 de novembro no Centro de Empresas e Innovación

O Concello de Lugo ten como obxectivo a promoción do emprego e do emprendemento polo que está a levar a cabo diferentes actuacións e implementacións, así como actividades de difusión da cultura emprendedora. O próximo evento programado polo Concello será a xornada O emprego e a competitividade na estratexia de Lisboa: prioridade da presencia española na UE en 2010, que terá lugar o vindeiro venres 6 de novembro no CEI-Nodus en horario de mañá.

Esta xornada está dirixida ás entidades locais e a todas as persoas que traballan como impulsoras do crecemento e do emprego co obxectivo de aproximalas ao coñecemento da estratexia de Lisboa nos temas do emprego e a mellora da competitividade que marcan a dirección dos Fondos Europeos.

O evento contará con relatores especialistas na materia como o Director adxunto da Oficina Económica do Presidente do Goberno, Aleix Pons Vigués, e o profesor de economía internacional da Universidade Autónoma de Madrid, Gustavo Marías Clavero. Ademais, realizarase un achegamento ao tema da igualdade e transversalidade de xénero no emprego coa Coordinadora da Fundación Mujeres de Galicia, Esther Basanta.

Nesta xornada entregaranse tamén os premios aos gañadores dos concursos de fotografía e marketing organizados polo Concello de Lugo, a USC, a Escola de Arte Ramón Falcón e o Consello Galego de Cooperativas. Esta entrega terá lugar despois da actuación de Cándido Pazó que presentará o seu monólogo sobre o cooperativismo.

Programa completo en PDF

Portal do CEI-NODUS