Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A proposta da tarifa da auga irá a Pleno o vindeiro xoves


# Luns, 02/11/2009
* A proposta do equipo de Goberno baséase no pago polo consumo real
* As comunidades de veciños pagarán unha cuota de 9 euros de abonamento


A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo hoxe unha nova xuntanza para tratar o tema da nova tarifa da auga cos técnicos municipais e a oposición.

A proposta do equipo de Goberno contou co voto a favor do BNG e a abstención do PP, así como cos informes favorables dos técnicos municipais. Esta proposta será levada o vindeiro xoves día 5 de novembro a un pleno extraordinario.

Nesta xuntanza aprobouse que as comunidades de veciños paguen 9 euros de cota de abonamento, o que responde ao principio de que toda acometida pague unha cuota de dispoñibilidade. Na aplicación do tramo teríase en conta o número de vivendas que hai na comunidade de veciños. Esta proposta do equipo de Goberno non responde a un afán recaudatorio, senón ao principio de dispoñibilidade.

Hai que lembrar que a nova proposta do equipo de Goberno propón que o 38% dos usuarios, máis de 21.000, vexan reducida a súa factura. Trátase daqueles que consumen menos de 17 metros cúbicos.

A proposta do equipo de Goberno baséase no pago por consumo real, o equilibrio, a sustentabilidade medioambiental e a suba gradual para os consumidores.

A cota de abono situaríase en 9 euros ao trimestre, 3 euros cada mensualidade. Trátase dunha cota semellante a doutras cidades galegas que empregan o mesmo método de facturación. Deste xeito, báixase a cota de abono proposta nun inicio, mantendo a filosofía de incentivar o consumo de auga. Así, o Goberno Local propón un sistema tarifario que non prexudica á maioría dos contribuíntes senón que beneficia a aquel que menos consume.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova