Imprimir

A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA ERRADICIÓN DO CHABOLISMO DE LUGO ACORDA CELEBRAR PROXIMAMENTE UNHA COMISIÓN TÉCNICA PARA ADXUDICAR OS INMOBLES


2/11/2009 A Comisión política reuniuse hoxe na Casa do Concello

A Comisión de seguimento da erradicación do chabolismo de Lugo acordou hoxe reunirse novamente para celebrar unha comisión técnica que adxudique os inmobles ás familias beneficiadas, unha vez estea rematado o proceso de escrituración dos pisos.

A Administración Local informou aos participantes na xuntanza de que xa ten rematado a compra das 15 vivendas comprometidas para as familias adxudicatarias.

O Concello de Lugo rematou no prazo fixado a adxudicación dos inmobles para o realoxo dos chabolistas. Así, téñense adquirido 8 pisos en 2008 e 7 en 2009.

Na reunión, as tres administracións implicadas, a local, a galega e a estatal, acordaron celebrar unha próxima reunión na que se tratará a adxudicación das vivendas.