Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo estuda organizar visitas guiadas de carácter cultural ao Cemiterio de San Froilán


# Luns, 02/11/2009
O Goberno Local investiu máis dun millón de euros nas melloras realizadas nesta dependencia municipal nos últimos anos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, fixo hoxe balance das actuacións efectuadas no Cemiterio Municipal de San Froilán durante os últimos anos e presentou algúns dos proxectos previstos para o ano que ven.

A Concelleira anunciou que o Concello de Lugo organizará visitas guiadas ao cemiterio ás que se pretende dar un contido cultural e de homenaxe aos persoeiros da nosa cultura que repousan en distintos lugares do recinto, tales como Gustavo Freire, Luis Pimentel, Anxel Fole ou Uxío Novoneyra. Segundo a responsable da área de Servizos Xerais o proxecto recollería a visita a certos panteóns ou monumentos con interese artístico ou histórico como a Cruz dos soldados repatriados, o mausoleo a García Abad, etc. “ Imos organizar visitas turísticas guiadas para ensinar o ben coidado que está e non deixa de ter ademais un compoñente cultural. É unha parte máis da cidade que queremos integrar. Integrar o cemiterio na nosa cidade como unha parte máis a visitar”, destacou.

Así mesmo, a Concelleira anunciou que o Concello tramita xa a súa inscrición como socio na ASCE (Asociación de Cemiterios Significativos de Europa). Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro na que se inclúen as organizacións públicas e privadas que teñen ao seu cargo a xestión e conservación do patrimonio dos cemiterios.

Entre os obxectivos desta asociación, integrada por máis de 22 países e 107 cidades, está a preservación e difusión do patrimonio funerario e, nese sentido, orienta as súas actividades á busca de apoios en organismos tanto nacionais como internacionais para o desenvolvemento de programas que acheguen ao cidadán a estes recintos considerados por unha gran maioría, como un lugar de enterramento en exclusiva.

Por outra banda, a Concelleira deu conta das actuacións levadas a cabo no cemiterio no ano 2009 e que supuxo un investimento de 570.000 euros:
- Saneamento e pavimentación das seccións 9, 14, 15, 18 e 19.
- Mellora e acondicionamento das cubertas dos nichos.
- Pavimentación da entrada, rúa principal e explanada da igrexa, así como instalación dunha fonte no centro da rúa principal, con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local.
- Placas identificativas incineracións.

Zarzuela lembrou que o equipo de Goberno leva anos realizando melloras no Cemiterio Municipal como as melloras do alumeado no cemiterio vello, axardinamento e rego automático na zona nova, pavimentación de seccións e saneamento das mesmas, arranxos na capela, rearborización, colocación de papeleiras e fontes, acondicionamento dos nichos, arranxos de portas e cancelas, renovación tellados, limpeza e acondicionamento do muro, canalización e recollida de augas pluviais, etc.

O Concello investiu entre o 2004 e o 2008 máis dun millón de euros nas obras de mellora do campo santo, unhas actuacións planificadas para darlle un valor engadido ao cemiterio de San Froilán. Así, ademais de consolidarse como un servizo público á cidadanía orientase cara a un concepto de cemiterio significativo no que ten cabida a súa consideración como un lugar de acollemento, paz interior e de encontro persoal, ao tempo que adquire importancia o seu valor artístico, cultural e histórico, xa que alberga as nosas memorias individuais que conforman a memoria colectiva da comunidade.

Neste sentido leváronse a cabo o xardín das lembranzas ou a instalación da laxe co poema anónimo que desde o 2007 recibe aos visitantes ao recinto cunha mensaxe de esperanza. Co mesmo fin foron concibidas as frases e poemas breves introducidos entre a vexetación dos macizos que no ano 2008 se ubicaron en distintos puntos de recinto, os denominados puntos de paz.

Para o vindeiro ano o Concello ten previsto continuar coa reparación das cubertas de nichos, realizar a reparación da fachada sur, a pavimentación dos viais de acceso ao cemiterio e continuar coa pavimentación interior.

A Concelleira mostrou a súa satisfacción polas preto de 100 chamadas de felicitación recibidas o pasado venres a través do 010 “polo ben que está a quedar o Cemiterio Municipal”.

Festividade dos defuntos
Por outra banda, como cada ano, a Corporación Municipal realizou a tradicional ofrenda floral no Xardín das Lembranzas do Cemiterio de San Froilán. O acto, que tivo lugar esta mañá, estivo amenizado polo grupo de música clásica Straniki e contou coa participación do Alcalde de Lugo, José López Orozco.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova