Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un completo programa con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero


# Martes, 03/11/2009
Os actos desenvolveranse ao longo de todo o mes de novembro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Como cada ano con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Concello de Lugo organiza un conxunto de actividades ao longo de todo o mes de novembro.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presentou o programa que se desenvolverá este ano e que comezará o vindeiro venres día 6 de novembro ás 19.00 horas coa inauguración da exposición fotográfica (m)2 de Xosé Abad na Sala de Exposicións do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. A mostra permanecerá aberta ata o 26 de novembro.

Durante a fin de semana, o sábado 7 e o domingo 8, a partir das 11 horas na Praza de Anxo Fernández Gómez, terá lugar o Segundo Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras organizado coa colaboración de FADEMUR.

O programa continuará o xoves 12 de novembro coa conferencia Interrupción voluntaria do embarazo: situación actual e futuro da man do médico xinecólogo José Alberto Cabañes Andrés, ás 20.00 horas na Sala Sargadelos.

O mércores 18 de novembro no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra terá lugar a conferencia da avogada Begoña Santos baixo o título Rexistro autonómico e municipal de parellas de feito.

O mércores 25 novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, estará cargado de actos. Ás 12.00 horas terá lugar na Casa do Concello a presentación do libro Todas as cosas son imposibles mentres o parecen, de Ás 12.30 horas comezará a ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia machista na Praza de Santo Domingo.

Para rematar a xornada, terá lugar a conferencia Primeira resposta ante o maltrato: A denuncia e asistencia xurídica, impartida pola avogada vicedecana do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Lugo, Paula Alvarellos.

Porá fin ao programa organizado polo Concello de Lugo unha mesa redonda sobre a prevención da violencia na mocidade o xoves 26 de novembro ás 20.00 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Neste debate abarcaranse distintos temas sobre como traballar na prevención cos mozos e mozas da cidade.


Ademais, a Concellería que dirixe Carmen Basadre, puxo en marcha un un ciclo de cine de temática feminina en diferentes puntos da cidade.

O ciclo, que comezou o pasado 26 de outubro coa proxección da comedia Ayer, hoy y mañana, continúa o vindeiro 5 de novembro no Centro de Convivencia Maruja Mallo ás 19.00 horas coa película La teta asustada.

O público poderá disfrutar co film Osama no Centro de Convivencia de Lamas de Prado o xoves 12 de novembro ás 19.00 horas e con Princesas no Uxío Novoneyra o día 19 de novembro tamén ás 19:00 horas.

O ciclo rematará o 26 de novembro no Centro Social de Fingoi ás 19.00 horas coa proxección de Conversaciones con mamá.

O obxectivo deste ciclo de cine de barrio organizado polo Concello é que os asistentes reflexionen sobre a temática e se cree conciencia de xénero.

Cartel anunciador
Neste acto de presentación do programa a Concelleira fixo entrega do seu agasallo á autora do cartel anunciador, Verónica Lago. Basadre indicou que o cartel e a nova campaña de radio que promove o Concello pretende “potenciar a prevención da violencia machista entre a mocidade, que as mozas sexan autónomas e pensen libremente”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova