Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O xurado elixiu o anteproxecto para a peonización de San Marcos


# Martes, 03/11/2009
* O gañador foi o presentado por Dopi Arquitectos Asociados SLP, Camina Ingeniería S.L. e Arborejardin SL.

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O xurado do concurso para a peonalización da rúa San Marcos elixiu esta mañá o anteproxecto gañador que responde ao presentado por Dopi Arquitectos Asociados SLP, Camina Ingeniería S.L. e Arborejardin SL.

O anteproxecto elixido polo xurado, entre os dez presentados, destaca pola súa calidade e pola recuperación deste espazo público e a adecuación do contorno. Ademais, unha das características destacadas polos membros do xurado foron as medidas de accesibilidade propostas.

A intervención proposta consiste na peonalización da rúa San Marcos, a execución dunha praza fronte ao edificio da Deputación Provincial, integrando na trama urbana os carrís laterais deste edificio e a adecuación dos xardíns como zona de estancia, así como a súa inclusión no denominado paseo interior da Muralla.

Todas estas actuacións inclúense no Proxecto Urban que conta cun 70% de cofinanciación da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional (FEDER). A proposta presentada conta cun presuposto de 1.650.000 euros e un prazo de execución de 8 meses.

A intervención proposta para a zona inclúe unha nova relación entre o espazo da praza e o espazo do xardín que se conectarán a través dos viais laterais ao edificio de San Marcos. Pasarán a ser novos elementos integrados nos percorridos urbanos e buscarán un carácter e un sentido máis alá do meramente comunicativo.

A praza ordenarase en base a criterios sinxelos que manteñan o sentido de circulación actual a través do mesmo pero matizado mediante a aparición de tres zonas diferenciadas: unha de estar, una zona simbólica con fontes e bandeiras e unha zona de circulación.

O anteproxecto propón unha ordenación seguindo un eixo oblicuo respecto ao edificio da Deputación, pero coa idéntica dirección á da Muralla na súa parte posterior intentando poñer así de manifesto a súa presenza en todo o conxunto. Esta direccionalidade vese reforzada polos puntos de iluminación led empotrados no pavimento.


Coa selección do anteproxecto dáse un paso máis para levar a cabo unha gran aposta e un compromiso asumido polo Alcalde e o Presidente provincial cos veciños e veciñas de Lugo, que contarán cun gran paseo entre o fondo dos cantóns e a chegada á Praza do Ferrol.

O xurado que elixiu o anteproxecto estivo composto por membros dos grupos políticos con representación municipal, técnicos municipais e da Deputación de Lugo, así como un representante das asociacións que traballan pola accesibilidade na cidade e un representante dos veciños e comercios da zona.

www.lugo.es/urban


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova