Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo mellorará a iluminación das rúas Teatro, Ánxel Fole, Progreso e Nóreas


# Mércores, 04/11/2009
* O proxecto homoxeneizará a iluminación do recinto histórico da cidade
* A Xunta de Goberno aprobou a apertura do procedemento de contratación do servizo do Centro de Día Novo Antonio Gandoy


Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá o proxecto de obras de iluminación pública nas rúas Teatro, Ánxel Fole, Progreso e parte de Nóreas, para os efectos de solicitar a cualificación protexible á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o seu cofinanciamento.

Carmen Basadre deu conta destes asuntos na Escola Rural de Rubiás onde participou xunto co Alcalde, José López Orozco, nunha visita ao centro.

Segundo indicou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o orzamento de execución por contrata é de 119.471 euros e contará cun prazo de execución de tres meses.

A Concelleira explicou que o proxecto prevé a instalación de diferentes elementos luminosos como farolas de fundición, brazos e faroles do mesmo material nas zonas onde se ten iniciado esta tendencia, e columnas de aceiro e luminarias con deseño claro e sólido que permite unha integración harmoniosa nun escenario vial con varias lecturas.

Basadre explicou que “esta actuación homoxeneizará a iluminación do centro histórico realizándose dunha forma integral e harmoniosa”.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do servizo do Centro de Día Novo Antonio Gandoy. A Concelleira indicou que a duración do contrato será dun ano, cun orzamento de 413.790 euros. “Tendo en conta que o número de persoas que se prevé atender é de 50 prazas a empresa adxudicataria deberá contar con 10 coidadores, un director técnico coordinador, un educador, un médico-xerontólogo, un ATS/DUE, un fisioterapeuta, un terapeuta ocupacional, servizo de perruquería e afeitado durante unha hora semanal, servizo de podoloxía durante unha hora á semana e un psicólogo”, explicou. A xestión deberá prestar os servizos de estancia diúrna e transporte todos os días da semana, excepto festivos co seguinte horario: de luns a sábados de 8:30 a 20:30 horas e os domingos de 11:00 a 18:00 horas.

Tamén na Área de Servizos Sociais, a Xunta de Goberno aprobou a prórroga e revisión de prezos do contrato subscrito coa adxudicataria do concerto de 20 prazas para a atención de persoas maiores dependentes en réxime de atención diúrna. Este servizo do Concello está adxudicado á empresa Sanidad y Residencias 21 SL (Sanyres) que se prorrogará ata a formalización do novo contrato correspondente á xestión das 25 prazas, todo isto coa finalidade de que a prestación do servizo se siga a realizar evitando que se produzan alteracións na conduta ou situacións conflitivas dos usuarios. O prazo máximo da prórroga será de 6 meses ata a adxudicación do novo contrato e o prezo por praza será de 653,64 euros, o que supón un total de de 78.436,80 euros para as 20 prazas contratadas máis as dúas gratuítas ofertadas pola empresa.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova