Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abre a Escola Rural de Rubiás para convertela nun espazo para a convivencia e o intercambio cultural, educativo e asociativo


# Mércores, 04/11/2009
* O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade visitaron a escola unha vez remataron as melloras

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta mañá a Escola Rural de Rubiás logo de ser rehabilitada. A nova infraestrutura, destacou López Orozco, será un espazo para a convivencia, o intercambio cultural, educativo e asociativo. No acto participou ademais o presidente da Asociación de Veciños da parroquia.

Ademais de visitar as novas instalacións compostas de dúas plantas, unha cociña e un baño, o Goberno Local informou na escola sobre os asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe.

A Escola de Rubiás beneficiará a máis de 130 veciños da zona que contarán cun espazo para reunirse e desenvolver actividades. Neste sentido, López Orozco manifestou a preocupación do Concello por incluír a escola nos circuítos de actividades que organiza o Concello, tanto na cidade coma no rural.

O investimento do Concello nesta actuación superou os 60.000 euros. A actuación súmase á recuperación das 33 escolas rurais espalladas polo municipio para que os cidadáns conten coas mesmas oportunidades vivan onde vivan.

O Alcalde de Lugo convidou aos veciños e veciñas a participar na inauguración da escola que se celebrará proximamente coa celebración dun “acto relevante”.

López Orozco recordou que os obradoiros de emprego que comezarán nos próximos meses no municipio permitirán recuperar dúas novas escolas en Santa Comba e na parroquia de Labio.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova