Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza unha nova edición do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo


# Mércores, 04/11/2009
O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 20 de novembro

O Concello de Lugo abriu o prazo para presentar os traballos ao XV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo organizado pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres traballos que deberán ser contos inéditos, escritos en lingua galega, con tema libre e extensión non superior a dez páxinas. Presentaranse por triplicado, escritos por unha soa cara, a máquina ou a man. Os traballos enviaranse baixo lema á Concellería de Educación, situada no terceiro andar do Centro Social Uxío Novoneyra, ata o vindeiro 20 de novembro.

Haberá dúas categorías, a primeira para nenos de 12 a 14 anos, e a segunda, de 15 a 18. Entre os gañadores do primeiro grupo repartiranse premios valorados en 360 euros, ademais de lotes de libros, diplomas e medallas. No segundo grupo a contía dos premios será de 500 euros.

O certame foi creado hai 12 anos en homenaxe ao xornalista e escritor lucense, quen ademais de escribir numerosos artigos e diferentes obras, foi cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e membro da Real Academia Galega. Tamén dirixiu o Museo Provincial e foi presidente da Asociación Provincial de Amigos dos Castelos, entre outras actividades.

As bases deste certame están en todos os colexios, pero tamén poden consultarse na web municipal, www.lugo.es, ou dirixirse á Concellería de Educación por teléfono, 982 28 48 15, ou por correo electrónico, educacionarrobaconcellodelugo.org.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova