Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convoca o XII Certame de Narración Curta Ánxel Fole


# Xoves, 05/11/2009
O concurso conta con dous premios de 1.000 euros e outros dous de 500 euros

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a XII Edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: galego e castelán.
Trátase dun certame que cada ano esperta moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. A Concelleira indicou que cada ano ten un maior número de participantes, na pasada edición presentáronse ao concurso de narración curta 31 obras en galego e 53 en castelán”.
Como cada ano o tema dos traballos será libre cunha extensión que non superará os 36.000 caracteres ou 20 folios mecanografados a dobre espazo por unha soa cara. O certame está dotado, en cada unha das modalidades, con dous premios de 1.000 e outros dous de 500 euros, para o primeiro e o segundo clasificado en cada unha das categorías.

A Concelleira indicou que, como todos os anos, publicaranse os 4 relatos gañadores para darlle maior publicidade ás obras. Os autores poderán, con posterioridade á primeira edición do Concello, publicar libremente os relatos facendo mención ao premio recibido.
Os traballos terán que presentarse antes do 30 de decembro de 2009 no departamento de Cultura do Concello de Lugo (na Praza Maior) nun sobre pechado, baixo un lema ou pseudónimo na parte exterior. Dentro figurarán todos os datos do autor.

Descargar díptico en PDF da XII Edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova