Imprimir

O CONCELLO DE LUGO E A ASOCIACIÓN O CASTRO DE COESES ORGANIZAN UNHAS XORNADAS SOCIOSANITARIAS


5/11/2009 Os asistentes recibirán formación sobre enfermería, nutrición, e Lei da Dependencia

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a Presidenta da asociación O Castro de Coeses, María Paz Castro Romai, e a pedánea da parroquia, Hortensia López García, presentaron as primiras xornadas sociosanitarias organizadas pola asociación en colaboración co Concello de Lugo e que terán lugar o sábado 7 e o domingo 8 de novembro.

A Concelleira destacou o gran labor que están a desenvolver os membros da asociación no Centro de Dinamización da parroquia, o primeiro posto en marcha polo Concello. “Levan tres anos traballando polo beneficio da cidadanía e estas xornadas son unha boa mostra”.

A presidenta da asociación explicou que son as primeiras xornadas organizadas por eles e que están dirixidas a toda a poboación. Contarán con dúas partes: unha formativa con relatorios sobre enfermería, nutrición ou sobre a Lei de Dependencia, e outra de carácter sociocultural que rematará cunha merenda no centro e unha saída a Astorga.

Programa das Xornadas

Sábado 7 de novembro

11.30.- Conferencia de Jesús Castro Teijeiro, enfermeiro, e Paula Feal, nutricionista e terapeuta ocupacional, sobre nutrición e dietética, atención en accidentes domésticos e da Lei de dependencia.

16.00.- Charla médica a cargo do urólogo Franciso Javier Neira Pampín.

19.00.- Clausura das xornadas cunha merenda.

Domingo 8 de novembro

9.00.- Saída a Astorga: Visita a Catedral de Santa María, o Pazo episcopal e paseo pola zona monumental da cidade.