Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Pleno do Concello de Lugo aproba a conxelación de todos os tributos


# Xoves, 05/11/2009
*Máis de 21.000 usuarios verán reducida a súa factura coa nova tarifa da auga
* A proposta do equipo de Goberno basease no pago por consumo real


Imaxe Asociada
O Concello en Pleno aprobou hoxe a modificación das ordenanzas fiscais e das ordenanzas reguladoras de prezos públicos para o vindeiro ano 2010 que inclúen a conxelación de todos os impostos, taxas e prezos públicos.

A proposta do Goberno Local inclúe por terceiro ano consecutivo a conxelación do Imposto sobre Bens Inmobles e do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, pero tampouco subirán as taxas de servizos que afectan directamente á cidadanía como é a recollida de lixo, o sistema ORA, etc. O Concello quere fomentar a actividade económica da cidade polo que tampouco subirán as licenzas de apertura, o IAE, as licenzas para a instalación ou as tarifas do CEI, entre outros.

Nun esforzo por favorecer á cidadanía o equipo de Goberno tampouco subirá os prezos de servizos como os parkings públicos, os taxis e transporte urbán.

Por outra banda, a proposta do equipo de Goberno mantén as diferentes bonificacións fiscais introducidas nos últimos anos como as establecidas para vehículos de persoas con discapacidade, antigos ou ecolóxicos, as bonificacións IBI e IAE por familias numerosas, para a rehabilitación dentro do PEPRI ou do ARI, instalación de calefacción e ascensor a inmobles de máis de 15 anos, etc. Pero ademais, este ano inclúense novas bonificacións e exencións:
- Para os usuarios de centros de día e do servizo de comida no fogar que teñan ingresos inferiores ao IPREM.
- Amplíase as bonificacións no servizo de axuda no fogar en función da capacidade económica (como máximo os usuarios pagarán o 65% do prezo)
- Un desconto do 50% nas ociotecas para o segundo fillo.

Nova tarifa da auga
Nestas ordenanzas inclúese a nova tarifa da auga proposta polo equipo de Goberno e que contou co voto a favor do BNG e o voto en contra do PP; ao igual que ocorreu coas ordenanzas fiscais.

A proposta do equipo de Goberno basease no pago por consumo real, o equilibrio, a sustentabilidade mediambiental e a suba gradual para os consumidores. Con esta nova tarifa o 38% dos usuarios, máis de 21.000, verán reducida a súa factura, aqueles que consumen menos de 17 metros cúbicos. O Goberno Local cumpre deste modo o seu compromiso adquirido e as demandas veciñais e de todos os partidos, e favorece que o 60% dos usuarios paguen menos ou igual cantidade.

A cota de abono situaríase en 9 euros ao trimestre, 3 euros cada mensualidade. Trátase dunha cota semellante a doutras cidades galegas que empregan o mesmo método de facturación. Deste xeito, báixase a cota de abono proposta nun inicio, mantendo a filosofía de incentivar o consumo de auga. Así, o Goberno Local propón un sistema tarifario que non perxudica á maioría dos contribuíntes senón que beneficia a aquel que menos consume.

Segundo a nova tarificación haberá cinco tramos en función dos cales se establecen as cotas. O tramo 1 vai de 0-10 metros cúbicos e custará 0,11 euros, o tramo 2 de 10 a 30; 0,18 euros, o tramo 3 de 30 a 60 por valor de 0,60 euros, o tramo 4, de 60 a 100 por 0,90 euros e o tramo 5, máis de 100 metros cúbicos a 1,10 euros.

Trátase dun trameiro progresivo, o que significa que o consumo dependerá dos tramos que atravese, tarifando cada un deles en función do consumo ao que corresponda.

As comunidades de veciños pagarán 9 euros de cota de abonamento, o que responde ao principio de que toda acometida pague unha cota de dispoñibilidade. Na aplicación do tramo teríase en conta o número de vivendas que hai na comunidade de veciños. Esta proposta do equipo de Goberno non responde a un afán recaudatorio, senón ao principio de dispoñibilidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova