Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A 7ª Semana Internacional da Maxia remata cun gran éxito de afluencia de público


# Venres, 06/11/2009
* Lugo Máxico 2009 contou coa participación dunha vintena de magos
* Markus Zink presenta en Lugo o mellor espectáculo do mundo


Máis de vinte magos encheron a cidade, ao longo de 8 días, de maxia e ilusión dentro do programa da sétima edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2009, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións, botará o telón mañá sábado día 7 de novembro.

Esta edición contou coa actuación de máis de vinte magos de procedencia local, galega, nacional e internacional para todas as idades e en distintos espazos públicos.

Aínda hai dúas oportunidades para desfrutar da maxia en directo. Hoxe venres terá lugar a gala unipersoal do mago alemán Markus Zink, considerado o mellor espectáculo do mundo e que actúa por primeira vez en España.

Mañá sábado celebrarase a gran Gala Internacional que contará co mago Jandro como maestro de cerimonia. Nesta gran cita da maxia mundial participarán ademais o mago Mirko que é o mago máis premiado internacionalmente, Silvestre The Jester, Gaetam Bloom, Gavilán e Ynke (premio mundial de maxia de grandes ilusións). As entradas para asistir a este evento están agotadas desde o pasado domingo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova