Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza a décima edición do circuíto de carreiras populares Corre con Nós


# Venres, 06/11/2009
* O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de novembro
* O circuíto contou na pasada edición con máis de 10.000 corredores


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O domingo 22 de novembro dará comezo, nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, a décima edición do Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós, que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.

O responsable municipal estivo acompañado por Raúl Centelles, representante de Begano Coca- Cola, Francisco Javier de Labra, Director en Galicia de Divina Pastora Seguros, Pepe Rois, Gerente de Macrocopia, e Manuel Castiñeiras, Presidente do Club Media Maratón.

O Concelleiro destacou que “cada ano contamos con máis colaboradores para a organización deste evento, o que demostra que se está a converter nun gran circuíto”.

Será, como sempre, unha carreira por mes e estableceranse cinco categorías para os pequenos e dez para adultos. Para os rapaces e rapazas as distancias que se percorrerán serán inferiores a un quilómetro para os máis pequenos chegando a carreiras de tres quilómetros os nenos e nenas maiores. Os adultos terán que percorrer entre 5 e 7 quilómetros.

Como o ano pasado, haberá unha puntuación por equipos que deberán contar cun mínimo de 2 mulleres e 4 homes, e deberán puntuar nas 7 carreiras do circuíto.

Participando en seis carreiras das sete que compoñen o circuíto, os adultos obterán como premio un vale de 30 euros para trocar por material deportivo en Deportes Elide, mentres que os máis pequenos recibirán outro vale por valor de 40 euros participando en 6 das 8 que compoñen o seu circuíto. Os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Todos os que rematen a derradeira carreira do circuíto obterán un vale por unha camiseta para trocar no Centro Comercial As Termas.

O Concelleiro subliñou a importancia que están a ter estas carreiras, e espérase superara a media de 1.200 corredores que participaron o ano pasado en cada unha das probas, facendo un total de máis de 10.000 en todo o circuíto.

Os interesados en inscribirse poderán facelo do 7 ao 19 de novembro a través do portal do Concello www.lugo.es, ou na Concellería de Deportes de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e en www.championchipnorte.com.

Para recibir máis información pódese consultar a web do Concello, www.champioshipnorte.com e www.leitelarsa.es

Web Corre con nós

Web de Deportes
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova