Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo explicoulles aos comerciantes e hostaleiros da zona PEPRI as axudas para adaptar os rótulos e os toldos


# Venres, 06/11/2009
A Concelleira de Economía e Emprego e a Delegada de Urbanismo mantiveron varias xuntanzas cos empresarios durante esta semana

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Delegada de Urbanismo, María Novo, mantiveron esta semana tres xuntanzas cos comerciantes e hostaleiros do centro da cidade para explicarlles as novas axudas para a adaptación dos seus negocios.
No primeiro trimestre de 2009 abriuse unha convocatoria de axudas dirixidas aos locais de negocio situados en zona URBAN (área PEPRI). O prazo de solicitude para as axudas dirixidas á instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas finalizou o pasado 2 de outubro, e ante o interese amosado polos comerciantes de solicitar axuda para a adaptación dos rótulos e toldos dos seus negocios nestes últimos meses do ano, o Concello aprobará unha serie de axudas complementarias dirixidas a apoiar estas actuacións dotadas con 100.000 euros.

A Concelleira e a Delegada, co fin de dar a coñecer estas axudas e orientar a todos aqueles empresarios que desexasen instalar ou adaptar os seus rótulos e toldos, mantiveron ao longo desta semana varias xuntanzas ás que asistiron máis de 100 persoas, das 800 convocadas.

Así mesmo, nestas xuntanzas os empresarios puideron concertar unha cita cun técnico municipal, para que lles proporcione o asesoramento individual que en cada caso precisen sobre a intervención que poden facer conforme á normativa do PEPRI. Ao final das xuntanzas concertáronse máis de 55 entrevistas que xa se están a levar a cabo.

Os interesados en recibir maior información sobre esta convocatoria de axudas, que se enmarcan dentro do Proxecto Urban, poden dirixirse ao teléfono 982 297 390 ou visitar a Oficina do Plan, ubicada no edificio do Concello de Lugo (Praza Maior, 1), onde lles proporcionarán o asesoramento preciso para a súa tramitación. 
 

www.lugo.es/urban


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova