Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco aposta pola innovación tecnolóxica, a cualificación e a modernización empresarial como eixos para a recuperación económica


# Venres, 06/11/2009
* O Alcalde de Lugo inaugurou hoxe unha xornada sobre o emprego e a competitividade na estratexia de Lisboa

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou hoxe unha xornada sobre o emprego e a competitividade na estratexia de Lisboa onde apostou “pola innovación tecnolóxica, a cualificación e a modernización empresarial como os eixos para a recuperación económica”.

O Alcalde de Lugo subliñou que o Executivo Local aposta por construír un novo escenario de modernización económica para o que se necesita a colaboración da clase empresarial. Entre as claves para acadar a modernización citou a investigación, a innovación tecnolóxica e a cualificación dos traballadores.

López Orozco destacou que a palabra crise significa cambio. Neste sentido, apostou por facer ese cambio “desde a formación e a través dunha competitividade que poña a calidade, a investigación e a innovación nos obxectivos a cumprir”.

Na súa intervención animou aos mozos e mozas lucenses a constituírse en emprendedores, “creade empresas exitosas que favorezan o emprego e colaboren no desenvolvemento económico e social da cidade”, indicou.

Desenvolvemento da cidade
Como factores claves do desenvolvemento da cidade citou a posta en marcha do Polígono das Gándaras para que Lugo poida acometer a súa industrialización. Entre os valores da cidade, López Orozco referiuse así mesmo á vivenda de calidade, posto que Lugo xunto con Badajoz, contan coa vivenda máis barata de España.

Así mesmo, o Alcalde de Lugo salientou o desenvolvemento sostible que vive a cidade grazas ao saneamento e abastecemento. Por último referiuse aos recursos humanos “cada vez máis preparados, aspecto no que, destacou, xoga un papel decisivo a Universidade”.

Importante presenza de mozos e mozas
Na xornada que se desenvolveu hoxe baixo o título O emprego e a competitividade na estratexia de Lisboa: prioridade da presencia española na UE en 2010, participaron preto de 50 mozos e mozas de Lugo.

Esta xornada está dirixida ás entidades locais e a todas as persoas que traballan como impulsoras do crecemento e do emprego co obxectivo de aproximalas ao coñecemento da estratexia de Lisboa nos temas do emprego e a mellora da competitividade que marcan a dirección dos Fondos Europeos.

O evento contou con relatores especialistas na materia como o Director adxunto da Oficina Económica do Presidente do Goberno, Aleix Pons Vigués, e o profesor de economía internacional da Universidade Autónoma de Madrid, Gustavo Marías Clavero. Ademais, realizouse un achegamento ao tema da igualdade e transversalidade de xénero no emprego coa Coordinadora da Fundación Mujeres de Galicia, Esther Basanta.

Nesta xornada entregáronse tamén os premios aos gañadores dos concursos de fotografía e marketing organizados polo Concello de Lugo, a USC, a Escola de Arte Ramón Falcón e o Consello Galego de Cooperativas. Esta entrega tivo lugar despois da actuación de Cándido Pazó que presentou o seu monólogo sobre o cooperativismo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova