Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco destaca que coa segunda fase do abastecemento Lugo se pon á vangarda do respeto ao medioambiente e avanza no desenvolvemento e o progreso


# Venres, 06/11/2009


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
* O Alcalde de Lugo e o Presidente de la Sociedad Estatal Aguas de la Cuenca del Norte asinaron o convenio para a construcción e explotación da segunda fase de obras enmarcadas no proxecto de Mellora de Abastecemento de Auga a Lugo
* Salienta que o reto é que Lugo siga sendo a cidade de España que máis barata cobra a auga e a todo o mundo polo seu consumo
* A obra estará licitada no primeiro trimestre de 2010 e rematada en 2011


O Alcalde de Lugo, José López Orozco e o Presidente de la Sociedad Estatal Aguas de la Cuenca del Norte, Jorge Marquínez, asinaron esta tarde o convenio para a construcción e explotación da segunda fase de obras enmarcadas no proxecto de Mellora de Abastecemento de Auga a Lugo.

Na súa intervención, López Orozco destacou que a sinatura de hoxe significa unha aposta que “nos pon na vangarda do respeto ao medioambiente e un traballo ben feito a favor do noso desenvolvemento e do noso progreso”.

Trátase, expuxo, dunha “aposta por infraestruturas medioambentais moi importantes que nos aseguran un futuro dun líquido elemento que non é o petróleo pero pode chegar a ter e ten hoxe o mesmo valor”.

Así, destacou que Lugo “dá un gran paso de cara a nosa posible industrialización e de cara a un aproveitamento razoable dun producto que non hai en abundancia e que hai que saber conservar, protexer, distribuir e consumir”. “O reto é que Lugo siga sendo a cidade de España que máis barata cobra a auga e a todo o mundo polo seu consumo”, remarcou.

Pola súa banda, Marquínez destacou que “non hai outras cidades do norte que aposten pola reutilización, polo que Lugo pode jactarse de ter o sistema coa mellor potabilización posible, a mellor depuración e o mellor sistema de reutilización dos que hai no norte de España”.

Ambos rubricaron o acordo a partir do cal se podrán licitar ditas obras. No acto estivo también presente o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, así como o Vicepresidente de AcuaNorte, Francisco Fernández Liñares e o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.

Esta segunda fase cerra o proxecto de Mellora de Abastecemento da Auga a Lugo, deseñado co fin de garantir auga en cantidade e de calidade para os lucenses e o seu contorno, mantendo en todo momento o caudal ecolóxico do Miño.

Descrición das obras

Os traballos descritos no convenio asinado hoxe, son os siguintes:
  • Depósito de Peñarrubia. Prevese un novo depósito, cunha capacidade de almacenamento de 25.000 m3, e desde o mesmo poderase abastecer á práctica totalidade do casco urbano lucense. Este depósito é idéntico ao que se realizou en Peñarrubia durante as obras da primeira fase.
  • Condución desde Marcelle ao Ceao. Permitirá suministrar auga desde Peñarrubia a todo O Ceao e aos futuros desenvolvementos urbanísticos da parte este de Lugo. Esta conducción é unha máis das necesarias para seguir mellorando a rede de abastecemento do Concello.
  • Conexión da conducción de recirculación dunha parte do efluente da EDAR de Lugo con Marcelle e O Ceao. Deste modo, haberá dous depósitos de auga reutilizada non potable destinada a usos urbanos. Aproveitará a hinca baixo o Miño para introducir a tubería necesaria ata a ETAP vella, desde onde se bombeará cara a Marcelle ao Ceao.
  • Adecuación dos nudos de Marcelle e O Ceao para mellorar o funcionamento das conexións coa rede de distribución.
  • Rehabilitación de dous depósitos de Marcelle de 10.000 m3 para utilizalos, un como depósito de auga potable, e o outro como depósito de auga reutilizada.

Esforzo inversor e colaboración
O Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino apostou nesta lexislatura pola renovación integral da infraestrutura hidráulica en Lugo, cuns investimentos superiores aos 135 millóns de euros.

Así mismo, queda patente a colaboración institucional entre o MARM, a través de AcuaNorte, e o Concello de Lugo, impulsando actuacións que priman a sustentabilidade ambiental, como é o caso.

A obra estará licitada no primeiro trimestre de 2010 e rematada en 2011.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova