* O Alcalde de Lugo e o Presidente de la Sociedad Estatal Aguas de la Cuenca del Norte asinaron o convenio para a construcción e explotación da segunda fase de obras enmarcadas no proxecto de Mellora de Abastecemento de Auga a Lugo
* Salienta que o reto é que Lugo siga sendo a cidade de España que máis barata cobra a auga e a todo o mundo polo seu consumo
* A obra estará licitada no primeiro trimestre de 2010 e rematada en 2011
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e o Presidente de la Sociedad Estatal Aguas de la Cuenca del Norte, Jorge Marquínez, asinaron esta tarde o convenio para a construcción e explotación da segunda fase de obras enmarcadas no proxecto de Mellora de Abastecemento de Auga a Lugo.
Na súa intervención, López Orozco destacou que a sinatura de hoxe significa unha aposta que “nos pon na vangarda do respeto ao medioambiente e un traballo ben feito a favor do noso desenvolvemento e do noso progreso”.
Trátase, expuxo, dunha “aposta por infraestruturas medioambentais moi importantes que nos aseguran un futuro dun líquido elemento que non é o petróleo pero pode chegar a ter e ten hoxe o mesmo valor”.
Así, destacou que Lugo “dá un gran paso de cara a nosa posible industrialización e de cara a un aproveitamento razoable dun producto que non hai en abundancia e que hai que saber conservar, protexer, distribuir e consumir”. “O reto é que Lugo siga sendo a cidade de España que máis barata cobra a auga e a todo o mundo polo seu consumo”, remarcou.
Pola súa banda, Marquínez destacou que “non hai outras cidades do norte que aposten pola reutilización, polo que Lugo pode jactarse de ter o sistema coa mellor potabilización posible, a mellor depuración e o mellor sistema de reutilización dos que hai no norte de España”.
Ambos rubricaron o acordo a partir do cal se podrán licitar ditas obras. No acto estivo también presente o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, así como o Vicepresidente de AcuaNorte, Francisco Fernández Liñares e o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.
Esta segunda fase cerra o proxecto de Mellora de Abastecemento da Auga a Lugo, deseñado co fin de garantir auga en cantidade e de calidade para os lucenses e o seu contorno, mantendo en todo momento o caudal ecolóxico do Miño.
Descrición das obras
Os traballos descritos no convenio asinado hoxe, son os siguintes: