Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe as obras de infraestruturas hidráulicas en parroquias do Concello para a súa explotación


# Luns, 09/11/2009
* As obras contaron cun orzamento de 628.057,65 euros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Lino González Dopeso, ven de recibir a través de Augas Galicia, as obras de infraestruturas hidráulicas en parroquias do Concello para a súa explotación. Trátase dunhas obras recollidas nun convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, a empresa pública de obras e servizos hidráulicos e o Concello de Lugo para a execución das obras de infraestruturas hidráulicas do municipio.

As obras contaron cun orzamento de 628.057,65 euros e inclúen a renovación da tubería de fibrocemento de DN300 dentro da parcela onde se sitúan os depósitos da Piringalla substituíndoa por unha de fundición de igual diámetro.

Así mesmo, renováronse as conducións de fibrocemento que saen dos depósitos da Piringalla instalando tuberías de fundición dúctil de diámetros nominais iguais aos existentes.

A tubería de diámetro 500 mm é de fundición desde o final de Camiño Real ata a Ronda da Muralla, polo que se renovou o tramo de fundición que vai desde a saída dos depósitos de Mar Cantábrico ata a intersección con Camiño Real. A lonxitude da tubería renovada foi de 650 metros.

Á saída dos depósitos existe unha chave de paso que foi necesario renovar, outra ao principio de Camiño Real, outra á altura de Camiño de Pipín e un desauge de fondo á altura de Camiño de Pipín.

Así mesmo, ao longo deste trazado executouse unha tubería de fundición que no futuro distribuirá auga rexenerada, procedente da auga depurada na EDAR municipal. A esta rede executada déuselle continuidade ata o Parque da Milagrosa, para a súa utilización no rego de zonas verdes, e establecéronse bocas de rego nas que a maquinaria de baldeo de rúas carguen as súas cisternas con auga non potable.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova