A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o director de Ibercaja en Lugo, José Penelas, presentaron esta mañá unha nova actividade de teatro didáctico para escolares.
Vieiro indicou que “o Concello segue a apostar por actividades complementarias para os escolares da cidade, actividades educativas diferentes que reforcen a educación dos nenos e nenas de Lugo”.
A obra Sueño de medianoche preséntase cunha técnica sorprendente: o teatro con luz negra, o que fai que os títeres e obxetos brillen con luz propia. O espectáculo achega ao neno ao mundo do teatro negro onde os actores desplegan un fantástico mundo onírico de obxectos que a simple vista se moven sós.
A obra é unha chamada ao sentido común, ao respecto pola naturaleza e a coexistencia. O planteamento narrativo realízase desde un punto de vista humorístico, onde a música adquire protagonismo dramático apoiando o movemento e as imaxes.
O obxectivo desta iniciativa é complementar, de maneira amena e con programas de calidade, as ensinanzas que reciben nos centros educativos e así contribuír á formación integral dos alumnos.
Preto de 1.200 estudantes dos centros de educación primaria do Concello de Lugo participarán nas seis sesións que se desenvolven desde hoxe 10 de novembro e ata o xoves día 12 de no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Con estas representacións entréganse aos colexios un caderno de actividades para desenvolver antes e despois de asistir ao teatro.
Teatro italiano
Por outra banda, a Concellería de Educación organizou para a vindeira semana catro sesións de teatro dirixidas a nenos e nenas de 1º de Educación Primaria coa obra El cuartito de baño.
As representacións correrán a cargo da compañía italiana La Barraca que contará o 18 e o 19 de novembro unha divertida historia onde os adultos se converten en nenos.
A obra narra a historia de dous homes que se atopan agardando á porta dun baño, pero a porta de cabaleiros tarda en abrirse, polo que deciden, por curiosidade, entrar no lavabo dos nenos. Casi inconscientemente os homes irán infantilizándose comezando a xogar, divertirse cos xogos que realizaban de cativos. A través desta diversión reaparece neles a súa alma inocente que perderan como adultos.