Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco destaca que o FEIL suporá unha "importantísima inxección en investimento e gasto social"


# Martes, 10/11/2009
* O Alcalde de Lugo deu conta hoxe dos proxectos que o Executivo pretende financiar con cargo ao fondo

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado da Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deu conta hoxe dos proxectos que o Executivo pretende financiar con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local 2010. O Alcalde expúxolle as súas propostas á oposición co obxectivo de alcanzar un acordo entre todos os grupos. López Orozco destacou que o FEIL suporá que “unha importantísima inxección en investimento e gasto social”.

Así mesmo, o Alcalde expuxo a proposta presentada aos grupos que se concreta en:

- Gasto social. 1.700.000 euros
- Zona rural, saneamento e abastecemento. 900.000 euros.
- Plan Director do Parque de Rosalía. 2.400.000 euros.
- Contidos e acondicionamento da parcela do MIHL. 2.400.000 euros.
- Mellora das instalacións deportivas. 400.000 euros. Entre as mellores atópase cubrir a pista de tenis da Milagrosa.
- Seguridade viaria, sinalización do centro histórico e novas tecnoloxías. 700.000 euros.
- Obras de mellora do CEI. 215.000 euros.

O total destinado ao Concello de Lugo para este ano supera os 10 millóns de euros.

López Orozco explicou que se reservan 1.500.000 euros para arranxos de saneamento nas rúas, como Mestre Soutullo ou Músico Falla. Dentro desta partida destinaranse 400.000 euros a alumeado público.

Anteproxecto de orzamentos
Na súa intervención, López Orozco explicou que o Executivo Local traballa tamén na elaboración do anteproxecto de orzamentos que será presentado proximamente. O Alcalde explicou que se prevé recadar uns ingresos que rondarán os 90 millóns de euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova