Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon a disposición da cidadanía 20 puntos Wifi nas dependencias municipais


# Mércores, 11/11/2009
* O obxectivo do Goberno Local é promover a utilización das novas tecnoloxías


Imaxe Asociada
* A Xunta de Goberno aprobou as novas tarifas para o ano 2010 dos aparcadoiros públicos que baixan e se conxelan dependendo dos tramos

O Voceiro do Equipo de Goberno, José Rábade, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, deron conta dos asuntos tratados esta mañá na Xunta de Goberno Local.

Nesta xuntanza aprobouse a posta en funcionamento dos puntos de acceso Wifi á rede instalados en centros e dependencias municipais. Segundo explicou a Concelleira o vindeiro luns 16 de novembro poranse en funcionamento 20 puntos de conexión do Concello: haberá 4 puntos no CEI , 3 Pavillón Municipal dos deportes, un no Seminario, dous no Centro de Convivencia de Fingoi, 2 no Uxío Novoneyra, 2 na nave das Asociacións, 2 no Centro de Convivencia da Milagrosa, 2 na Piscina Municipal e 2 na Casa do Concello.

Este proxecto, que conta cun orzamento de 124.000 euros, inclúese na progresiva incorporación das novas tecnoloxías á vida municipal. O equipo de Goberno pretende “proporcionar á cidadanía unha maior calidade nas súas prestacións ao ser complementadas con servizos de comunicacións electrónicas en determinados centros e dependencias municipais, promovendo a súa comunicación coa Administración e contribuíndo a promover o uso das novas tecnoloxías”, indicou Zarzuela.

Os puntos wifi posibilitarán o acceso á Rede con arreglo ás condicións que se determinen. Nestas instalacións municipais, os cidadáns usuarios, poderán, dentro do horario de apertura ao público, acceder gratuitamente á rede como un complemento ás actividades culturais e educativas que nas mesmas se prestan.

Para poder facer uso deste servizo en calquera das instalacións municipais indicadas, compre dispoñer dun dispositivo (ordenador portátil, PDA, teléfono móbil), con conexión wifi e navegador web común. Con carácter previo ao acceso a rede, o usuario ou usuaria deberá inscribirse no rexistro de persoas usuarias a través da web do Concello e aceptar as condicións de uso do servizo. Os rapaces e rapazas menores de 14 anos non poderán acceder a este servizo, sendo responsables, no caso de acceso non autorizado, os seus pais ou titores legais.

O servizo esta orientado á navegación por internet con ánimo cultural, educativo e formativo, polo tanto restrinxirase, a través dos medios técnicos a disposición do Concello, o acceso a páxinas ou servizos cun contido que se poida considerar eticamente non convinte ou que non se axusten ao perfil de prestación do servizo.

Outros asuntos
Por outra banda, José Rábade, indicou que a Xunta de Goberno aprobou tamén esta mañá catro licenzas de obra e denegouse unha de actividade. Ademais, revisáronse os prezos para o ano 2010 das tarifas para os aparcadoiros da praza de Santo Domingo, praza do Ferrol e praza da Constitución.

Coa aplicación do IPC interanual negativo, algúns prezos conxélanse e outros tramos báixanse quedando os primeiros 92 minutos de estancia a 0,0265621 euros/minuto, a partir do minuto 93 a 0,0177081 euros/minuto. Estas tarifas redondearanse aos 5 céntimos de euros á baixa, e a partir das 12 horas e 14 minutos ata as 24 horas (día completo) o prezo será de 13,80 euros.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova