Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo convocará a semana próxima o concurso para o servizo do matadoiro


# Mércores, 11/11/2009
O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Economía e Emprego mantiveron esta tarde unha reunión cos carniceiros para trasladarlles a súa decisión

O Concello de Lugo convocará a semana próxima o concurso para a prestación do servizo do matadoiro. Así llelo trasladaron esta tarde o Alcalde da cidade, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez ao sector cárnico nunha reunión mantida esta tarde no Concello.

A nova concesionaria estará obrigada a subrogar aos traballadores e acometer as obras necesarias para prestar un servizo de calidade.

O sector cárnico manifestou o seu interese por optar ao concurso e prestar o servizo.

Así mesmo, o Concello de Lugo reclamaralle a débeda contraida á actual empresa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova