Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

As primeiras analíticas indican que a auga da traída de Lugo é apta para o consumo


# Mércores, 11/11/2009
Así llo trasladaron desde a Consellería de Sanidade ao Concello de Lugo esta mesma tarde.
Trátase de mostras feitas con auga da billa en diferentes puntos da cidade.


O Concello de Lugo mantén igualmente a prevención ata que non se coñezan os resultados da auga recollida da propia planta


O Concello de Lugo foi informado esta tarde por parte da Consellería de Sanidade de que a auga da traída é apta para o consumo e non rexistra restos de hidrocarburo, tal e como indican as primeiras analíticas. Así llo trasladou o departamento autonómico ao Executivo Local tras realizar analíticas da auga da traída logo de producirse o verquido ao río o pasado luns. Trátase de mostras feitas con auga da villa en diferentes puntos da cidade.

Seguindo esta información, os lucenses poderían retomar o consumo de auga da traída con normalidade sen que exista risco para a saúde das persoas, pero o Concello prefire manter a prevención ata que se coñezan os resultados das mostras tomadas directamente da planta de Ombreiro.

Mañá o Concello recibirá as analíticas feitas na planta potabilizadora que, previsiblemente virán a confirmar os datos facilitados desde Sanidade. De ser así, o consumo poderá retomarse con normalidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova