Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As analíticas revelan que a auga da traída de Lugo é apta para o consumo


# Xoves, 12/11/2009
* Os cidadáns de Lugo poden retomar o consumo de auga sen que exista risco para a saúde

O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, ven de confirmar, tal e como revelaron as analíticas, que a auga da traída da cidade de Lugo é apta para o consumo. Así o indican as probas realizadas pola empresa valenciana Gamaser á auga recollida o pasado martes na potabilizadora.

Deste xeito, o Concello de Lugo levanta a prevención e informa aos veciños de que poden volver consumir auga da traída con total normalidade e sen que exista ningún risco para a saúde.

As analíticas realizáronse logo de producirse un verquido de gasoil ao río Miño o pasado luns co obxectivo de comprobar se houbera filtracións contaminantes na planta potabilizadora de Ombreiro.

Durante dous días o Concello de Lugo fíxolle aos veciños a recomendación de que non se utilizara auga da traída á espera dos resultados das probas. Hoxe, os datos revelan que a auga non presenta hidrocarburos, aceites nin graxas polo que se pode reanudar o seu consumo.

Así, o verquido non afectou ao sistema de abastecemento da cidade, polo que se recupera a normalidade no funcionamento da planta, ao tempo que se levanta a recomendación de non beber auga da traída.

Lino González apelou á prudencia e o sentido común para evitar que volvan a producirse feitos como o acontecido o pasado luns nunha vivenda familiar na que se producía o accidente que provocou o verquido.

Así mesmo, o Concelleiro explicou que se estudará a posibilidade de adquirir e colocar sistemas de alerta de contaminantes no río para evitar incidentes como os acontecidos estes días.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova