Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social indica que o Concello de Lugo "cumpre amplamente" coa conciliación da vida familiar e laboral


# Xoves, 12/11/2009
José Piñeiro indicou que a lousa empregada na reforma da cuberta da Casa Consistorial cumpre con todos os requisitos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, respondeu hoxe ás críticas verquidas polo Partido Popular sobre o servizo de canguros. Indicou que os políticos populares deberían ter unha maior coherencia entre o partido a nivel autonómico, que acaba de retirar o servizo de canguros a domicilio a 38 Concellos e o local que o ven reclamando no Concello.

Ademais, a Concelleira destacou que fomos pioneiros na posta en marcha dun servizo de ociotecas para a atención dos cativos e cativas de Lugo. No ano 2000-2001 impulsouse a primeira ocioteca no parque de Frigsa para a atención de fillos de mulleres que así o demandaban. Desde o ano 2005 puxéronse en marcha o resto das ociotecas para atender a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Este servizo está funcionando e amplíase en período de vacacións como pode ser o Nadal e o verán coas Aulas Abertas.

“Queremos que os nenos e nenas estén seguros nas ociotecas, polo que necesitamos que os inscriban no servizo para poder facerlles un seguro individual”, explicou. A Concelleira lembrou que teñen prioridade como usuarios do servizo os fillos de vítimas de violencia de xénero, de pais ou nais con cargas familiares non compartidas, de pais e nais traballadores ou que se estean a formar, e os nenos e nenas empadroados nas áreas de influencia de cada un dos programas. A Concelleira explicou que se presta un servizo que non é á carta, pero sí que se lles indica aos pais e nais os centros onde hai praza para poder levar aos seus fillos.

A responsable da área de Benestar Social indicou que o Concello cumpriu amplamente coa conciliación da vida familiar e laboral como o demostra que “cando chegamos ao Goberno local soamente había unha escola infantil, e nestes momentos estase a piques de abrir a de Fontiñas, e están en construción a nova escola da Piringalla e a de San Fiz. Así que creemos que coa posta en marcha das ociotecas, das escolas infantís, das aulas abertas, actividades de animación sociocultural e a Casa das Linguas, etc, temos un servizo garantido para os pais e nais do noso Concello e para os nenos e nenas desde 0 a 12 anos”.

Obras no Concello
Pola súa banda, o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, respondeu ás críticas do Grupo Municipal Popular sobre as obras que se están a realizar na cuberta da Casa do Concello.

Piñeiro explicou que se está a utilizar unha lousa de pizarra tradicional, tal e como se contempla no proxecto redactado e que conta con todos os certificados de garantía de calidade e co informe positivo da Consellería de Cultura. Ademais, esta pizarra foi utilizada na reforma do pórtico norte da Catedral de Lugo, polo que ten garantías en todos os sentidos e que cumpre con todos os requisitos.

O Concelleiro lembrou que “o equipo de Goberno non pode impoñerlle á empresa o lugar onde mercar o material, xa que sería prevaricación”.

A estrutura principal da cuberta estase a realizar en madeira de castiñeiro, pero provisionalmente estase a aplicar rastel de pino roxo, que unicamente serve para levar a cabo as medidas de protección que eviten a entrada de auga no edificio. Estes rastreis provisionais serán retirados en canto se coloquen os pontóns de madeira de castiñeiro que formalizarán o plano de cuberta.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova