Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo anuncia a posta en marcha dunha campaña informativa coa que achegar a acción do Goberno Local aos cidadáns


# Xoves, 12/11/2009
* Baixo o lema O Goberno de Lugo Contigo o Executivo Local informará aos barrios e a zona rural sobre os investimentos e melloras que se están a levar a cabo na cidade

Imaxe Asociada
* Preténdese que a cidadanía coñeza os proxectos nos que traballa o Goberno e que trasladen as súas suxestións e inquedanzas en relación coa cidade


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou esta mañá a posta en marcha dunha campaña informativa que ten por obxectivo achegar a acción do Goberno Local aos cidadáns. Baixo o lema O Goberno de Lugo Contigo, o Executivo Local trasladarase a todos os centros de convivencia, colexios e escolas rurais co obxectivo de dar conta dos proxectos no que traballa o Equipo de Goberno, así como os investimentos realizados ata o de agora e aqueles programados para os próximos meses.

José López Orozco compareceu acompañado pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e polo Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro. Na súa intervención explicou que se informará a todos os cidadáns sobre as novas tarifas da auga, as taxas, moitas das cales se conxelan por terceiro ano consecutivo, así como dos orzamentos do próximo exercicio e dos investimentos do FEIL para 2010.

A campaña informativa na que participará o Alcalde e os Concelleiros comezará o vindeiro día 17 no Centro de Convivencia Díaz Castro e de aí trasladarase aos 17 centros de convivencia da cidade. Desde o Equipo de Goberno informarase nas propias vivendas das convocatorias co fin de que participe o maior número posible de veciños e veciñas.

Tal e como expuxo López Orozco, “o Concello de Lugo ten o despacho na rúa, polo que seguiremos dando conta das melloras realizadas nos barrios e nas parroquias mellorando a calidade de vida dos cidadáns, con independencia do lugar no que vivan”.

Con esta acción o Concello pretende tomarlle o pulso á cidade e informar a todos os veciños de Lugo da xestión do Goberno. Neste sentido, convoca aos cidadáns a participar nas reunións que se desenvolverán primeiro na zona urbana e posteriormente no rural.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova