Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A décima edición do circuíto de carreiras populares Corre con Nós conta xa con preto de 1.500 inscricións


# Venres, 13/11/2009
* O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de novembro

O Concello de Lugo organiza a décima edición do Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós que comezará o domingo 22 de novembro dará comezo, nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera.

Ata o momento inscribíronse un total de 1.495 atletas, 815 na categoría dos adultos e 680 na dos rapaces. O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de decembro a través do portal do Concello www.lugo.es, ou na Concellería de Deportes de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e en www.championchipnorte.com.


Como sempre, nesta edición terá lugar unha carreira por mes. Haberá unha puntuación por equipos que deberán contar cun mínimo de 2 mulleres e 4 homes, e deberán puntuar nas 7 carreiras do circuíto.

Participando en seis carreiras das sete que compoñen o circuíto, os adultos obterán como premio un vale de 30 euros para trocar por material deportivo en Deportes Elide, mentras que os máis pequenos recibirán outro vale por valor de 40 euros participando en 6 das 8 que compoñen o seu circuíto. Os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Todos os que rematen a derradeira carreira do circuíto obterán un vale por unha camiseta para trocar no Centro Comercial As Termas.

Para recibir máis información pódese consultar a web do Concello, www.champioshipnorte.com e www.leitelarsa.es


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova