Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo dixitalizará o seu planeamento para que o urbanismo sexa completamente accesible para os veciños


# Venres, 13/11/2009
*María Novo deu conta dunha subvención do Goberno do Estado que permitirá volcar o planeamento a un soporte informático

Imaxe Asociada
* Ábrese unha nova convocatoria de axudas adscritas ao Plan Urban dotada con 100.00 euros

A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, avanzou hoxe que o Executivo Local ven de recibir unha subvención da entidade pública empresarial red.es adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para dixitalizar o planeamento municipal para que o urbanismo sexa completamente accesible para os veciños.

O proxecto permitirá volcar todo o planeamento en soporte informático para penduralo da web do Concello e que a cidadanía poida coñecer as características urbanísticas que teñen as parcelas.

Entre os Concellos que recibiron a subvención atópase Lugo, Vigo, Ferrol e a Deputación de Ourense. A achega permitirá ademais formar aos técnicos municipais para que actualicen a información de xeito continuo.

A subvención conta cunha achega de 200.000 euros aportados nun 70% polo Ministerio e nun 30% polo Concello de Lugo.

O volcado levará aproximadamente 7 meses e permitirá que os cidadáns poidan acceder á información a través da web do Concello. Permitirá dixitalizar o planeamento actual e incluso o PXOM unha vez sexa aprobado.

Así mesmo, fomenta a interopoerabilidade entre as distintas administracións e axentes a través dos servizos electrónicos.

Ata o de agora a información referente ao planeamento atopábase en soporte dixital pero non existía a posibilidade de traballar sobre ela. A dixitalización no departamento que dirixe María Novo queda completada con este proxecto.

María Novo destacou a importancia do proxecto “en tanto en canto permite achegar o urbanismo aos veciños e facelo completamente accesible”.

Axudas Urban
Así mesmo, María Novo deu conta hoxe da nova fase do Plan Urban mediante a cal a zona PEPRI contará cunha nova achega de 100.000 euros para a instalación de rótulos e toldos aos locais de negocio. A convocatoria estará aberta ata o 20 de novembro e ademais de subvencionar a instalación, axuda tamén na retirada dos elementos que non cumpren coa Lei.

Poderá subvencionarse o 50% do custo da reforma ata un máximo de 4.000 euros por negocio.

Expedientes
María Novo explicou que non se ten aberto ningún expediente sancionador na zona PEPRI senón expedientes de reposición da legalidade urbanística, en vigor desde o ano 1997. Así, dixo que o Concello “non ten recadado nin un euro por expedientes sancionadores”, ao tempo que indicou que aqueles que non cumpran a norma terán que ser sancionados.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova