Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo ofrécese a colaborar coa Diócese de Lugo para acadar a rehabilitación da Catedral


# Venres, 13/11/2009
López Orozco expresou a súa disposición nunha visita oficial do Bispo ao Concello

Imaxe Asociada recepción
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no Despacho de Alcaldía ao Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco.

No transcurso da visita o Alcalde manifestou a súa disposición para acadar as axudas precisas para o mantemento da Catedral de Lugo. “Preocupanos a catedral, precisa ser rehabilitada e recuperada, polo que me ofrezo a colaborar na implicación das institucións para que se ocupen dela, xa que é un monumento moi importante da nosa cidade e que merece que os lucenses nos ocupemos e preocupemos por ela”. 

Ademais, López Orozco agradeceu a súa visita ao Bispo de Lugo e indicou que “hai que manter unha boa relación con todas as institucións, e a Iglesia Diocesana que representa, é moi importante por razóns de tipo histórico, de tipo relixioso e de tipo cultutral na nosa cidade”.
 
Pola súa banda o Bispo agradeceu a invitación e resaltou a boa relación que mantén co Concello. “Procuramos sempre manter a colaboración con este Concello e a relación co Alcalde é unha asignatura obrigada para min e que manteño con moito gusto”.
 
Nesta recepción Carrasco Rouco asinou no Libro de Honra do Concello:

“Es mi primera visita a esta casa común que es nuestro Ayuntamiento de Lugo. Agradezco la hospitalidad generosa de su señor Alcalde y de su Corporación y su trabajo a favor de nuestra ciudad.

Y le pido al Señor su bendición para una tarea tan importante y en la que hoy la responsabilidad de cada uno es puesta tan en juego. Que Él les conceda un corazón libre y una inteligencia abiera a la verdad y trabajen siempre con plena conciencia por el bien de los lucenses”.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova