Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha os 20 puntos Wifi nas dependencias municipais


# Luns, 16/11/2009
* A Concelleira de Servizos Xerais e a Concelleira de Benestar Social participaron nunha videoconferencia entre o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra e o Centro de Convivencia de Fingoi

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, participou esta mañá nunha videoconferencia coa Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, desde dous centros de convivencia da cidade. Con este acto puxéronse en marcha os novos 20 puntos Wifi instalados pola Concellería de Servizos Xerais en centros e dependencias municipais.

Zarzuela explicou que “desde hoxe están en funcionamento catro puntos no CEI, tres no Pavillón Municipal dos Deportes, un no Seminario, dous no Centro de Convivencia de Fingoi, dous no Uxío Novoneyra, dous na nave das Asociacións, dous no Centro de Convivencia da Milagrosa, dous na Piscina Municipal e dous na Casa do Concello”.

Pola súa banda, a Concelleira de Benestar Social indicou que “esta iniciativa resulta moi interesante xa que calquera pode conectarse á rede nas instalacións municipais, dando un mellor servizo á cidadanía poñendo, case en cada barrio, unha zona wifi á súa disposición”.

O obxectivo do equipo de Goberno é proporcionarlle á cidadanía unha maior calidade nas súas prestacións ao ser complementadas con servizos de comunicacións electrónicas en determinados centros e dependencias municipais, promovendo a súa comunicación coa Administración e contribuíndo a promover o uso das novas tecnoloxías.

Os puntos wifi posibilitarán o acceso á Rede con arreglo ás condicións que se determinen. Nestas instalacións municipais, os cidadáns usuarios, poderán, dentro do horario de apertura ao público, acceder gratuitamente á rede como un complemento ás actividades culturais e educativas que nas mesmas se prestan.

Para poder facer uso deste servizo en calquera das instalacións municipais indicadas, compre dispor dun dispositivo (ordenador portátil, PDA, teléfono móbil), con conexión wifi e navegador web común. Con carácter previo ao acceso a rede, o usuario ou usuaria deberá inscribirse no rexistro de persoas usuarias a través da web do Concello e aceptar as condicións de uso do servizo. Os rapaces e rapazas menores de 14 anos non poderan acceder a este servizo, sendo responsables, no caso de acceso non autorizado, os seus pais ou titores legais.

O servizo esta orientado á navegación por internet con ánimo cultural, educativo e formativo, polo tanto restrinxirase, a través dos medios técnicos a disposición do Concello, o acceso a páxinas ou servizos cun contido que se poida considerar eticamente non convinte ou que non se axusten ao perfil de prestación do servizo.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova