Cargando....
Concello de Lugo
20/12/14
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a campaña informativa para achegar a acción do Goberno Local aos cidadáns


# Luns, 16/11/2009
* O Goberno de Lugo Contigo comeza a súa andaina polos barrios e a zona rural para informar sobre os investimentos e melloras que se están a levar a cabo na cidade


Imaxe Asociada
* A primeira cita será mañá martes 17 de novembro ás 20.00 horas no Centro de Convivencia Díaz Castro

Mañá martes 17 de novembro comeza a nova campaña informativa coa que o Goberno Local pretende achegar a súa labor aos cidadáns. Baixo o lema O Goberno de Lugo Contigo, o Executivo Local trasladarase a todos os centros de convivencia, colexios e escolas rurais co obxectivo de dar conta dos proxectos no que traballa o Equipo de Goberno, así como os investimentos realizados ata o de agora e aqueles programados para os próximos meses.

A primeira cita do Goberno Local coa cidadanía será no Centro de Convivencia Díaz Castro ás 20.00 horas. Entre os meses de novembro e decembro o equipo de Goberno informará á cidadanía nos centros de convivencia da cidade.

Con esta acción o Concello pretende tomarlle o pulso á cidade e informar a todos os veciños de Lugo da xestión do Goberno. Neste sentido, convoca aos cidadáns a participar nas reunións que se desenvolverán primeiro na zona urbana e posteriormente no rural.

Os veciños e veciñas de Lugo recibirán información detallada nas súas vivendas das convocatorias previstas.

Calendario para a zona urbana:

17 de novembro.- Centro de Convivencia Díaz Castro
23 de novembro.- Centro de Convivencia da Milagrosa
24 de novembro.- CEIP Sagrado Corazón
25 de novembro.- Centro de Convivencia de Fingoi
1 de decembro.- Centro de Convivencia Maruja Mallo
2 de decembro.- Casa das Linguas de Estrada da Granxa
14 de decembro.- Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
15 de decembro.- Centro de Convivencia Trapero Pardo

Todos os encontros serán ás 20.00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova