Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo facilita a conciliación da vida familiar e laboral co programa Aprende Xogando


# Martes, 17/11/2009
A inscrición pode solicitarse na Casa da Muller ou a través do teléfono de atención ao cidadán 010

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, continua co desenvolvemento de actividades que permitan aos pais e nais a conciliación da vida laboral e familiar.

Unha destas iniciativas é o programa Aprende Xogando, dirixido a procurar o desenvolvemento da personalidade das nenas e dos nenos a través do xogo e do xoguete, fomentar a práctica do xogo en grupo, axudar á integración dos menores con necesidades específicas mediante o xogo e realización de actividades de animación infantil.

Este programa desenvolvese na nave de vías e obras do parque da Milagrosa, (37 prazas), no Centro de Convivencia “Maruja Mallo” (30 prazas) e no Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra” (25 prazas), en período lectivo de 16:00 a 20:30 horas, nas vacacións escolares de 9:00 a 14:00 horas e de 16.00 a 20.30 horas.

Esta iniciativa está dirixida para nenas e nenos empadroados no Concello de Lugo con unha idade entre 3 e 12 anos.

A inscrición pode solicitarse na Casa da Muller ou a través do teléfono de atención ao cidadán 010, ente os días 20 e 27 do mes anterior á data de inicio no programa. O horario de oficina é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de luns a xoves de 17.00 a 19.00 horas.

Teñen prioridade no acceso:

1º. As fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero, o que se acreditará cunha Orde de Protección.
2º. As fillas e fillos de pais ou nais con cargas familiares non compartidas, que se acreditará cun certificado de convivencia.
3º. As fillas e fillos de nais e pais traballadoras/es ou que estén a formarse, acreditándoo cun informe de vida laboral ou xustificante da asistencia á formación no mesmo horario.
4º. As nenas e nenos empadroados na zona de influencia de cada unha das aulas do programa. Podedes consultar os planos que se colocarán nas mesmas e na Casa da Muller).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova