Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2.000 atletas participarán na décima edición do circuíto de carreiras populares Corre con Nós


# Venres, 20/11/2009
* A primeira proba terá lugar o vindeiro domingo 22 de novembro

O Concello de Lugo pechou o prazo de inscrición para participar na décima edición do Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós que comezará o domingo 22 de novembro dará comezo, nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera.

Son un total de 2.206 atletas inscritos:  1.247 adultos e 959 nenos e nenas dos que 158 participarán na categoría Mini, 311 na Categoría A, 309 na Categoría B, 117 na Categoría C e 64 na Caregoría D.

Como sempre, nesta edición terá lugar unha carreira por mes. Haberá unha puntuación por equipos que deberán contar cun mínimo de 2 mulleres e 4 homes, e deberán puntuar nas 7 carreiras do circuíto.

Participando en seis carreiras das sete que compoñen o circuíto, os adultos obterán como premio un vale de 30 euros para trocar por material deportivo en Deportes Elide, mentras que os máis pequenos recibirán outro vale por valor de 40 euros participando en 6 das 8 que compoñen o seu circuíto. Os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Web de Deportes

Web Corre con Nós




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova