Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde mantén o segundo encontro da campaña informativa para achegar a acción do Goberno Local aos cidadáns


# Luns, 23/11/2009
A cita será hoxe ás 20.00 horas no Centro de Convivencia da Milagrosa

Hoxe luns 23 de novembro continúa a campaña informativa O Goberno de Lugo Contigo coa que o Executivo Local pretende achegar a súa labor aos cidadáns.

A segunda cita do Goberno Local coa cidadanía será no Centro de Convivencia da Milagrosa ás 20.00 horas. Entre os meses de novembro e decembro o equipo de Goberno informará á cidadanía nos centros de convivencia, colexios e escolas rurais co obxectivo de dar conta dos proxectos nos que traballa, así como os investimentos realizados ata o de agora e aqueles programados para os próximos meses.

Con esta acción o Concello pretende tomarlle o pulso á cidade e informar a todos os veciños de Lugo da xestión do Goberno. Neste sentido, convoca aos cidadáns a participar nas reunións que se desenvolverán primeiro na zona urbana e posteriormente no rural.

As seguintes citas serán mañá martes 24 de novembro no CEIP Sagrado Corazón e o mércores 25 de novembro no Centro de Convivencia de Fingoi.

Todos os encontros serán ás 20.00 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova