Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe no Concello ao piloto de F2 Alonso Liste


# Luns, 23/11/2009
O lucense recibiu as felicitacións de López Orozco pola súa andadura deportiva

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello ao piloto lucense de F2, José Antonio Alonso Liste.

López Orozco felicitou ao xoven piloto polos éxitos acadados nas diferentes modalidades nas que ten participado e agradeceu que leve o nome da cidade ata o máis alto dos podiums de toda Europa. Resaltou ademais que “os éxitos de Alonso Liste débense ao esforzo do seu traballo que permitirá que a Fórmula 2 teña a un piloto lucense”.

O Alcalde desexoulle a Alonso Liste que acade as cimas máis altas do deporte do motor e engadiu que “será unha honra para todos os lucenses ter un piloto da cidade no máis alto da Fórmula 1”.

Pola súa banda, Liste agradeceu o apoio da cidade e de todos os que están detrás do seu traballo.

Un piloto da cidade
Nado en Lugo, comezou no mundo do motor con catro anos, cando se subiu por primeira vez a un kart. Aos 7 participaba na súa primeira competición oficial no campionato galego de karting, e no 2006 comezou a súa andadura polo mundo dos monoprazas participando en competicións como a Master Junior Fórmula, a F3 o a Palmer Audi na que compite actualmente.

Proximamente debutará na F2, que conta cunha gran repercusión nos medios de comunicación e unha gran presenza de seguidores en cada circuíto.

A F2 volveu este ano tras 25 anos fóra da competición. Ten unha lexendaria reputación no mundo do deporte, xa que participaron nela, pilotos da talla de Jim Clark, Jakie Stewart, Keke Rosberg ou Emerson Fitipaldi. Os pilotos que gañaron esta Fórmula seguiron a súa progresión á categoría reina do motor.

O campionato está inscrito dentro dunha categoría a nivel internacional, celebrándose as probas por toda Europa, con 18 carreiras que son retransmitidas por Eurosport.

O monopraza que manexará Alonso Liste está equipado con un motor 1.8 turbo de 20 válvulas que permite unha potencia máxima de 400 cv a 8250 RPM. Dispón dun turbo Boost que é un sistema que lle aporta 50 cv máis durante seis segundos e que se pode usar en oito ocasións por cada carreira. O chasis está construído por Williams, sendo un monocasco de fibra de carbono no que se utilizan as mesmas medidas de seguridade que nun Formula 1.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova