Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco presenta as actividades extraescolares e complementarias de "Unha Escola Aberta" co obxectivo de avanzar na conciliación da vida laboral e familiar


# Martes, 24/11/2009
* A Xunta de Goberno Local aprobará mañá a contratación da prestación destas actividades
* O Concello de Lugo incrementa o investimento do programa nun 65% con respecto a outros exercicios


* Haberá actividades extraescolares, apoio aos comedores para os almorzos, xantares e merendas e unha oferta deportiva para todos os lucenses


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou hoxe na visita á Escola Rural de San Pedro de Mera que a Xunta de Goberno Local do próximo mércores aprobará a contratación da prestación de actividades extraescolares e complementarias que levará a cabo a Concellería de Educación do Executivo Local nos CEIP do Concello de Lugo.

O presuposto para levar a cabo estas actividades aumenta este curso nun 65% destinando un total de 223.398´16 euros. Esta contía inclúe actividades extraescolares, apoio a comedores escolares, almorzos e merendas, así como apertura de instalacións deportivas en horario extraescolar.

A prestación das actividades estará incluída dentro do Programa Unha Escola Aberta destinadas aos Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria da cidade de Lugo, así como a subministración de material funxible para o desenvolvemento do programa.

Os obxectivos que se perseguen con estas actividades pasan por: fomentar as aprendizaxes das ensinanzas non formais, ofrecer actividades de calidade para o tempo de lecer dos nenos da cidade, contribuír á conciliación da vida familiar e laboral das familias co apoio nas ofertas de servizo de almorzo, xantar e merenda durante os períodos lectivos, e por a disposición da poboación en xeral, instalacións para o disfrute do tempo de ocio, así como potenciar actividades de promoción da saúde con actividades deportivas ou recreativas.

Entre as actividades a ofertar atópanse:

1. Baile galego “Danzas”, transmitir o pensar folclórico da nosa autonomía por medio da danza e o movemento.
2. Xadrez, fomentar a técnicas xadrecísticas e a axilidade mental.
3. Patinaxe, actividade que os nenos/as practican e que o seu coñecemento conduce á súa correcta utilización.
4. Contacontos , pensada para os máis pequenos (Educación Infantil) como complemento ás aprendizaxes formais da lectura.
5. Títeres, actividade moi adecuada para o desenvolvemento persoal do neno/a e que se realiza nos Centros onde non dispoñen de espazos para realizar actividades de patio.
6. Baile Moderno, actividade elixida por algúns Colexios no seu propósito do divertimento dos rapazes, e que desenvolve os aspectos motrices.
7. Gaita, a aprendizaxe do instrumento mais axeitado o folclore da nosa terra, e as raíces da historia de Galicia, e solicitado por moitas familias.
8. Técnicas teatrais, actividade programa para os alumnos/as máis maiores, (ESO) que contribúe ao coñecemento de técnicas teatrais no alumnado que ten esa preocupación, así como na formación da personalidade.
9. Baloncesto, actividade deportiva elixida principalmente por o alumnado de primaria
10. Tenis, actividade deportiva elixida por algún centro
11. Fútbol sala, deporte que se práctica nas familias, e que se solicita dende colexio para cubrir un baleiro a nivel de actividade reglada.

Así mesmo, o servizo de comedor prestarase nos seguintes centros: CEIP Anexa, CEIP Luis Pimentel, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Menéndez Pelayo, CEIP As Mercedes, CEIP Paradai, CEIP Albeiros e CEIP Illa Verde.

No caso das instalacións deportivas, realizarase a apertura de tres centros de primaria públicos distribuídos en tres zonas da cidade. Os horarios a cubrir serían de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00, fins de semana incluídas.

As actividades extraescolares levaranse a cabo de luns a venres de 16 a 18 horas. O servizo de apoio ao comedor terá tres franxas horarias para cubrir almorzo, xantar e merenda.

Destinatarios das actividades
As actividades extraescolares están dirixidas aos nenos e nenas dos centros públicos e teranse en conta ademais aos directores dos colexios, aos pais e ás nais. O servizo de apoio ao comedor está dirixido aos alumnos, e o programa Polideportivo para todos e todas está destinado a todos os cidadáns de Lugo que queiran realizar algunha actividade deportiva ou de ocio.

Características do contrato
A duración do contrato será de dous anos e poderá ser obxecto de prorroga sen que o tempo total poida superar os catro anos. A duración das actividades nos centros educativos será de 9,5 meses.

O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais contados desde a publicación do anuncio de licitación no BOP. A adxudicación recaerá sobre a proposta que resulte máis vantaxosa economicamente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova