Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo axudará con 24.000 euros a facer máis accesibles e mellorar a habitabilidade das vivendas de seis persoas dependentes


# Martes, 24/11/2009
O obxectivo do equipo de Goberno é mellorar a calidade de vida dos beneficiarios

O Concello de Lugo aprobou conceder a seis persoas maiores dependentes subvencións para mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas, para o que destinará un total de 24.000 euros.

Presentáronse un total de 13 solicitudes das que unha foi retirada polo solicitante, outra presentouse fóra de prazo, 4 non cumprían os requisitos e outra non completou a documentación requirida.

Esta concesión de subvencións está destinada a propietarios e inquilinos de vivendas sitas na cidade de Lugo co fin de acometer obras de reparación, rehabilitación, adaptación e mellora da accesibilidade e habitabilidade das mesmas. O Concello de Lugo pretende, con esta medida, mellorar a calidade de vida dos beneficiarios das axudas.

Segundo as bases son subvencionadas as pequenas obras de reforma e reparacións que permitan acadar a accesibilidade da vivenda; a existencia e correcto funcionamento de servizos sanitarios e cociñas, de instalacións eléctricas, de instalacións de saneamento e fontanaría; a existencia e correcto funcionamento de sistema de calefacción, de extracción de fumes e ventilación; illamento térmico; illamento acústico, adecuación distribución de espazos interiores; iluminados e ventilados, e sistemas de aforro enerxético.

Os beneficiarios destas axudas deben reunir os seguintes requisitos:

a.- Que vivan sós

b.- Que teñan unha idade igual ou superior a 65 anos 

c.- Que sexa persoa dependente ( para o caso de ter recoñecido a situación de dependencia), padezan unha discapacidade igual ou superior ó 33% ou teñan diagnosticado a enfermidade de alzheimer.

d.- Que teñan uns ingresos que non excedan 1,5 veces o IPREM para as persoas que viven soas e de 2 veces as que viven acompañadas.

Desde a Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, trabállase para seguir mellorando as bases destas axudas e que podan beneficiarse deles cada vez máis persoas dependentes.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova