Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participou na presentación da Escola Municipal de Ciclismo


# Martes, 24/11/2009
O acto que tivo lugar na Casa do Deporte contou con deportistas profesionais como Óscar Pereiro e Gustavo Rodríguez

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participaron esta tarde na presentación da Escola Municipal de Ciclismo celebrada na Casa do Deporte do Concello de Lugo.

Neste acto estiveron presentes ademais, os ciclistas profesionais Óscar Pereiro e Gustavo Rodríguez. Os dous deportistas asistiron previamente a unha das clases de ciclismo da escola no colexio de Paradai onde presenciaron as actividades e o progreso dos cativos participantes.

O Alcalde recordou unha vez máis a forte aposta do Goberno Local polo deporte base e pola práctica deportiva xeralizada, por iso é importante apoiar a creación de novas escolas deportivas como a Escola Municipal de Ciclismo para que os máis cativos teñan a oportunidade de achegarse a este deporte que cada vez conta cun maior número de seguidores na nosa cidade.

Ademais, López Orozco, resaltou que é unha honra que esta presentación teña lugar na Casa do Deporte, un espazo aberto á todos os deportistas, clubs e federacións da cidade.

Os asistentes ao acto participaron nun pequeno coloquio con Pereiro e Rodríguez que respostaron ás preguntas que se lles fixeron. Os deportistas recibiron ao remate do acto un pequeno agasallo en agradecemento á súa participación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova