Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa no III Foro de Emprego do Campus de Lugo


# Xoves, 26/11/2009
O Goberno Local achegou o seu traballo aos universitarios a través dunha conferencia e do seu stand

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou esta mañá na inauguración do III Foro de Emprego da Universidade de Santiago de Compostela no na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

Este encontro ten como obxectivo de ofrecer aos universitarios recursos de utilidade para a súa inserción ó mercado laboral nas mellores condicións posibles. A Concelleira explicou nunha conferencia os diferentes programas de emprego levados a cabo polo Concello de Lugo, así como os recursos municipais aos que poden acudir os universitarios unha vez que rematen os seus estudos para recibir unha orientación laboral.

Na inauguración oficial do Foro participaron, ademais, a vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos, Marta Miranda; o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Jesús Casabiell;e o decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Luís Gago González.

Neste foro participan oito empresas e organismos públicos, ademais do Concello, como Caixa Galicia, Kiabi, Lug02 ou o IGAPE, para achegar o seu traballo aos universitarios a través de conferencias e nos seus propios stands, onde mesmo lles ofrecen a posibilidade de deixarlles os currículos para participar en futuros procesos de selección. Ademais, os máis de 130 inscritos no Foro do campus lugués poden participar en obradoiros nos que afondan nas ferramentas e métodos para a busca dun posto de traballo.

O Foro de Emprego, organizado pola Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, a través dos seus Servizos de apoio ao emprendemento e o emprego (SAEE), supón unha grande oportunidade para os estudantes e recén titulados, xa que contactan directamente coas empresas para coñecer o que requiren aos seus candidatos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova