Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo mantén a oitava xuntanza cos comerciantes e hostaleiros da zona PEPRI sobre as axudas para adaptar os rótulos e os toldos


# Xoves, 26/11/2009
* A Concelleira de Economía e Emprego e a Delegada de Urbanismo explicaron aos asistentes que o equipo de Goberno prevé incluír máis axudas nos orzamentos do 2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

* Un total de 24 comerciantes solicitaron as subvencións na última convocatoria

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Delegada de Urbanismo, María Novo, mantiveron unha nova xuntanza cos comerciantes e hostaleiros do centro da cidade para explicarlles as axudas para a adaptación dos seus negocios na sede da Federación de Comercio de Lugo.

Esta reunión ven a sumarse ás xa mantidas polo Goberno Local anteriormente cos empresarios lucenses, sendo a oitava xuntanza na que participan co obxectivo de que todos os afectados estean informados do que esixe o PEPRI e das posibilidades de axuda que ofrece o Concello.

No primeiro trimestre de 2009 abriuse unha convocatoria de axudas dirixidas aos locais de negocio situados en zona URBAN (área PEPRI para as axudas dirixidas á instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas que finalizou o pasado 2 de outubro. Pero ante o interese amosado polos comerciantes de solicitar axuda para a adaptación dos rótulos e toldos dos seus negocios nestes últimos meses do ano, o Concello aprobou unha serie de axudas complementarias dirixidas a apoiar estas actuacións dotadas con 100.000 euros e que conta xa con 24 novas solicitudes.

Así mesmo, o Concello de Lugo ten previsto incluír máis subvencións para o comercio nos orzamentos do 2010 que está a preparar.

Os interesados en recibir toda a información que precisen sobre esta convocatoria de axudas de maneira puntual a través da Oficina Urban situada nas dependencias municipais, na Praza Maior, para coñecer a intervención que poden facer conforme á normativa do PEPRI e onde lles proporcionarán o asesoramento preciso para a súa tramitación. 
 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova