Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura participa na inauguración da exposición do XV Maratón Fotográfico do Campus de Lugo


# Venres, 27/11/2009
A mostra poderá verse no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra ata o 22 de decembro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, participou na inauguración da exposición que recolle os traballos dos vintedous participantes que se presentaron á décimoquinta edición do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo, organizado por Lugo Cultural, e que está aberta no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra de Lugo.

A inauguración da mostra e a presentación do catálogo deste maratón fotográfico contou con representantes doutras entidades que conforman o proxecto Lugo Cultural: o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o representante do Departamento Territorial de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Xulio Xiz; e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez;

O Grupo de Danza do Campus de Lugo, dirixido por Juan Carlos Zahera, realizou unha performance neste acto, ao que tamén asistiron o coordinador do Espazo Fotográfico da USC, Eduardo Ochoa, o fotógrafo Carlos Varcálcel e o piloto lugués Alonso Liste, que proximamente debutará na F2, e que foi convidado porque unha das temáticas do certame deste ano xira en torno ao automóbil. A outra temática dos traballos de fotografía dixital é ‘decumanus maximus cardo maximus foro’, mentres que as fotografías analóxicas reflicten temas libres.

Esta mostra poderase visitar no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra ata o 22 de decembro, en horario de 16:00 a 21:00 horas, e despois iniciará un percorrido por diferentes centros universitarios lugueses. A nova edición do Maratón Fotográfico do campus está prevista para marzo de 2010.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova