Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abre o prazo de inscrición para participar nas VII Xornadas de Achegamento ao Tear Tradicional e á Artesanía da Lá


# Venres, 27/11/2009
As clases terán lugar entre o 11 e 15 de xaneiro e poderán participar os centros educativos que o soliciten

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza para o mes de xaneiro as VII Xornadas de achegamento ao tear tradicional e artesanía da lá. Esta actividade, que terá lugar en dous quendas: entre as 9:30 e as 11:00 e de 11:30 a 13:00 horas do 11 ao 15 de xaneiro no Centro de Convivencia de Fingoi, está dirixida a nenas e nenos dos tres últimos cursos de Primaria.

O obxectivo é contribuír ao fomento do valor da cultura galega favorecendo ao coñecemento das tradicións e contribuír a preservalas entre os máis novos. Ademais o Concello de Lugo pretende establecer vínculos de colaboración sociocultural permanentes entre os Centros de Convivencia e o resto de institucións implicadas no desenvolvemento da poboación neste eido.

Os centros educativos da cidade poderán enviar a ficha de inscrición que poden atopar no portal web do Concello ata o 14 de decembro ao Centro de Convivencia de Fingoi.

Os rapaces participarán na demostración das distintas tarefas que os seus antepasados realizaban para elaborar prendas de vestir e de enxoval doméstico a partir de materiais que se producían en Galicia como a lá ou o liño. Ademais poderán coñecer utensilios, materiais, aparellos e prendas de vestir utilizadas noutros tempos.

Para a realización destas xornadas contarase con teares tradicionais, devadoira, tear de fleques, máquina de fiar, mazorqueiro, urdideira, teares de alto lizo, rastelo, así como diferentes utensilios como rocas, fusos, cardas, parafusa, ripio, etc, así como prendas elaboradas no tear, tanto antigas como modernas.

Descargar PDF coa Ficha Inscrición e máis información.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova