Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza o primeiro road show de Galicia


# Luns, 30/11/2009
O Alcalde de Lugo e o piloto José Alonso Liste presentaron o evento que terá lugar o vindeiro 13 de decembro no centro da cidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o piloto lucense Alonso Liste, presentaron esta mañá o primeiro Road Show da cidade e de Galicia que terá lugar o vindeiro 13 de decembro na contorna da Muralla de Lugo. No acto de presentación participaron tamén a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, e o managger do deportista, Javier López García.

Organizado polo Concello de Lugo en colaboración co equipo de Alonso Liste, contará coa participación do piloto lucense e de Jonathan Palmer e se convertirá na primeira exhibición vinculada a un monumento Patrimonio Mundial como é a Muralla.

O Alcalde indicou que “se trata dun evento lúdico-deportivo que dará a coñecer máis a cidade e ao equipo do piloto lucense que está a traballar moi duramente para acadar grandes metas”. López Orozco engadiu que desexa que este evento reúna a un bo número de público, que “a demostración permita que a xente coñeza ao noso Alonso”.

Segundo explicaron os organizadores, o evento fará que os lucenses teñan a oportunidade de vivir o espectáculo da F2 de cerca. Na praza do Ferrol haberá tres coches de F2 para que podan ser vistos por todos os lucenses e haberá en diferentes zonas do centro unha mostra de coches e motos clásicas durante todo o día.

O evento deportivo comezará cunha volta á Muralla de Alonso Liste e Jonathan Palmer nun Rolls Royce descapotable. A continuación sairán os clásicos, seguidos dos karts, conducidos por varios rapaces menores de 9 anos.

Despois comezará “o plato forte da xornada”, sairá o F2 que dará varias voltas á Muralla, realizando distintas manobras cunha zona de espectáculo na porta de San Fernando. Pechará a exhibición unha nova volta en Rolls seguido dos clásicos. As voltas de karts e F2 irán precedidas dun coche de seguridade, para avisar da chegada dos vehículos ao público e persoal de seguridade.

Para o desenvolvemento deste acto a Ronda da Muralla permanecerá pechada ao tráfico das 15:45 horas ata finalizar o acto, ao redor das 17:30horas. O Alcalde pediu neste senso “a colaboración da cidadanía para o desenvolvemento da proba e o cumprimento coas medidas de seguridade”.

Alonso Liste indicou que “este evento deportivo naceu para dar a oportunidade aos lucenses de presenciar un espectáculo que se pode ver en contadas ocasións e que devolverá a cidade todo o apoio que me ten dado neste tempo”.

Patrocinadores
O evento conta co patrocinio de tres empresas da cidade como son: Ingapan, Leche Río e Cafés Candelas, e de institucións como a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.

Programa
11.30.- Exposición de vehículos clásicos e F2
16:00-17:30.- Comezo da exhibición
17:30-18:00.- Atención aos medios (Alonso Liste e Palmer)
18:00-19:30.- Firma de autógrafos
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova