Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presenta na Xunta de Galicia o proxecto para a celebración do décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial


# Martes, 01/12/2009
López Orozco pediulle ao Conselleiro de Cultura a súa colaboración coa programación que se está a preparar

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, mantivo hoxe unha xuntanza co Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, para presentarlle o proxecto que está a elaborar o Concello de Lugo con motivo da celebración do décimo aniversario da Declaración da Muralla por parte da UNESCO como Patrimonio Mundial.

O Concello está a manter contactos con diferentes institucións e empresas para facer frente aos gastos que pode ocasionar o proxecto e, nesta ocasión, traslada á Consellería de Cultura a proposta para a súa colaboración.

A Xunta de Galicia declarou o ano 2010 como ano do libro e da lectura polo que o Alcalde propuxo ao Conselleiro a súa colaboración para realizar unha publicación especial polo décimo aniversario da Muralla. A idea é que este libro recolla a historia romana de Lugo redactada por arqueólogos e historiadores da cidade. O Concello consciente da importancia das novas tecnoloxías nestes tempos, o libro podería ser publicado, ademais, en formato dixital co que se chegaría a un público moito máis amplo.

Dentro do ano do libro o Concello tamén propón á Xunta de Galicia a creación dunha campaña de difusión de lectura na zona rural de Lugo creando bibliotecas nos Centros de Dinamización Social das parroquias do municipio. Con esta proposta o equipo de Goberno mantén o seu compromiso de equiparar os dereitos de toda a cidadanía e que os veciños e veciñas da zona rural podan ser partícipes tamén do décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

López Orozco explicoulle ao Conselleiro outra das intencións perseguidas co desenvolvemento deste programa é invertir en cultura, nunha cultura que benefice a sociedade. Así, o programa que está a elaborar o Concello pretende levar o patrimonio e a cultura aos centros educativos, teatros, bibliotecas e, incluso, ás rúas, con actividades e espectáculos cunha temática entorno ao monumento máis característico da cidade.

O ano que ven é ano Xacobeo e o equipo de Goberno quere aproveitar a súa forza e e o paso do Camiño pola cidade para que o 2010 sexa un ano moi positivo para Lugo, para a súa provincia e para toda Galicia. O Alcalde propuso ao Conselleiro de Cultura, sumar esforzos no desenvolvemento das dúas programacións e camiñar da man para que o ano 2010 sexa o ano de Galicia. Por iso, platexou ao responsable da área de Cultura da Xunta a idea de incluir o logotipo do Xacobeo na programación do Concello e ofreceu a súa máxima colaboración para coordinar ambos os dous programas e darlles a máxima difusión.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova