Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inaugura un mercadillo solidario para facer visible o traballo das persoas con discapacidade


# Mércores, 02/12/2009
Forma parte do programa de Diversiarte 2009 e estará aberto no fondo da Praza Maior entre o 2 e o 4 de decembro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, e a Concelleira de e Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, asistiron á inauguraron da cuarta edición do mercadillo solidario do programa de Diversiarte.

Este mercadillo permanecerá no fondo da Praza Maior ata o día 4 de decembro, e estará aberto de 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas os días 2, 3 e 4.

Esta iniciativa solidaria forma parte das actividades organizadas polo Concello de Lugo e unha vintena de asociacións da cidade, para facer máis visible o traballo das persoas con discapacidade, e conseguir que as desigualdades deixen pouco a pouco de existir.

No mercadillo venderanse obxectos que realizan os membros destas asociacións, que representan a colectivos con distintas discapacidades, e que están normalmente á venda. Poderanse mercar postais e todo tipo de obxectos solidarios, que se converten nunha boa opción como agasallos de Nadal.

As actividades de Diversiarte 2009 continuarán mañá xoves 3 de decembro, data na que se conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, coa lectura dun comunicado no fondo da Praza Maior.

O obxectivo deste programa é chamar a atención sobre a necesidade de garantir os dereitos de todos os cidadáns e todas as cidadás en igualdade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova