O Concello de Lugo convoca a Comisión de Planeamento para estudar a situación actual do PXOM
# Mércores, 02/12/2009
A xuntanza terá lugar o vindeiro 14 de decembro
O equipo de Goberno comunicou aos grupos políticos con representación municipal a convocatoria para o luns 14 de decembro da Comisión de Planeamento. Nesta xuntanza o equipo de Goberno dará a coñecer aos grupos da oposición o resultado das xuntanzas mantidas coa Xunta de Galicia sobre PXOM.
Desde o momento que o Concello de Lugo coñeceu o informe trasladoullo de inmediato aos técnicos municipais e ao equipo redactor co obxectivo de estudar as observacións recollidas no mesmo.
O Goberno Local continuará a traballar para acadar unha solución co obxectivo de poñer fin a un proceso que comezou en abril deste ano e que permitirá facer unha xestión urbanística adaptada á realidade actual.
Compartir: