Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza a I Xornada de Redes Sociais e Blogs


# Xoves, 03/12/2009
O evento que se celebrará o vindeiro 11 de decembro, contará con blogueiros expertos e emprendedores no campo da Internet

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá a I Xornada de Redes Sociais e Blogs do Concello de Lugo que terá lugar o vindeiro venres 11 de decembro no Centro de Empresas e Innovación.

Zarzuela explicou que “será unha gran cita para blogueiros expertos e emprendedores no campo da Internet que debaterán sobre o actual fenómeno dos blogs e as novas iniciativas de participación na Rede”. E engadiu que “contaremos con conferenciantes de primeiro nivel galego e nacional que analizarán desde diversos puntos de vista os novos fenómenos de Internet”.

Neste evento, participarán prestixiosos representantes de diferentes sectores (profesional, tecnolóxico, empresarial, periodístico, ético, académico...) que ofrecerán un enfoque multidisciplinar para obter unha idea, o máis fiel posible, da situación da web social no noso país e a súa viabilidade de futuro.

Trataranse temas como:

- O vídeo e a incipiente televisión on-line (o fenómeno YouTube, Joost...).
- Twitter e a entrada en escea do microblogging.
- Second Life e a presumible consolidación ou desaparición dun mundo virtual ao que se lle supón unha gran influencia.
- A promoción das novas aplicacións web dos emprendedores do noso país.

A través de conferencias, unha mesa redonda, un obradoiro práctico e un acto de ocio perséguense fundamentalmente os seguintes obxectivos:

- Dar a coñecer o fenómeno blog e as webs participativas ao conxunto da sociedade.
- Fomentar a súa utilización en empresas, organizacións e institucións.
- Facilitar o primeiro encontro lucense entre autores de blogs coñecidos e redes sociais dando a coñecer esta forma de socialización.
- Reflexionar sobre os modelos de negocio en torno á Web 2.0 e dar a coñecer a capacidade emprendedora que se desenvolve na blogosfera.

A Concelleira indicou que “o éxito da pasada convocatoria das Xornadas de Software Libre con máis de 200 participantes e a gran participación da cidadanía lucense en outros encontros como a Ludus Party foi un factor que nos axudou a ter unha idea do interese da sociedade lucense nos temas relacionados coas Novas Tecnoloxías, dándonos unha maior confianza para celebrar esta xornada de Blogs e redes sociais”.

A participación neste encontro será totalmente gratuíta, pero requírese unha inscrición previa a través da páxina web www.xornadas.es, chamando ao teléfono de atención á cidadanía do Concello 010 ou o día das xornadas de 9:30 a 10:00 horas.

Programa

09:30- 10:00 horas: Entrega de acreditacións e últimas inscricións.

10:00- 10:30 horas: Presentación das xornadas a cargo da Concelleira de Servizos Xerais e Raúl Ordóñez, responsable da área de negocio e comunicación da rede social bitacoras.com, a maior rede social de blogs en español con máis de 300.000 usuarios.

10:40- 11:10 horas: Ponencia de Rodolfo Albella, fundador da Red Social Jurídica, S.L. www.pleiteando.com

11:20- 11:50 horas: Ponencia de Conrado Xalabarder creador da páxina web www.mundobso.com da revista Fotogramas.

12:00- 12:20 horas: Pausa para café.

12:30 – 13:00 horas: Inauguración oficial a cargo do Alcalde de Lugo.

13:00- 14:00 horas: Mesa redonda: sobre a utilidade que estas ferramentas poden proporcionar en diferentes ámbitos da vida (persoal, profesional, ocio, etc.)

Participarán:

- José de Cora (bitacoradecora.elprogreso.info)

- Conrado Xalabarder (mundobso.com)

- Rodolfo Albella ( pleiteando.com)

- Javier Pedreira (microsiervos.com)

- Raúl Ordoñez (bitacoras.com)

16:30- 17:10 horas: Ponencia de Javier Pedreira creador de microsiervos.com, blog de divulgación científica, informática, tecnolóxica, ...

17:20- 17:50 horas: Ponencia de Manuel Guisande colaborador do periódico La Voz de Galicia ( blogs.lavozdegalicia.es/manuelguisande)

18:00- 19:00 horas: Taller "Crea tu propio blog" impartido por Óscar Lage experto no sistema operativo Linux.

Haberá un sorteo dun Note Book entre todos os asistentes e participantes nas xornadas.

20:00 horas: Blog vir Beer
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova